Francisco Martínez Bouzas publica no «Faro da Cultura» de hoxe unha crítica d’ A clase, a novela de François Bégadeau, traducida para o galego por Xavier Senín e Isabel Soto. A publicación da crítica coincide coa chegada ás librarías da segunda edición da novela.
Posts Tagged ‘françois_begaudeau’
«A clase», crítica no «Faro da Cultura»
Abril 2, 2009«A clase», crítica en «Nós»
Marzo 22, 2009Martín Pawley publicou onte en «Nós», o suplemento de Xornal de Galicia unha crítica sobre A clase, a novela de François Bégaudeau, traducida por Xavier Senín e Isabel Soto. Recollemos os dous derradeiros parágrafos dun texto moi interesante:
Bégaudeau retrátase coma un profesor que gusta de enfrontarse dialecticamente aos seus alumnos, que os trata de igual a igual, que non se preocupa por ser politicamente correcto e que por esa razón pode botar man da ironía e a retranca para amosarlles as súas contradicións e os seus prexuízos sen caer no didactismo. A clase é unha obra dialogada case de principio a fin, que amosa con sinceridade e sen complexos tanto as demostracións de elocuencia como a incapacidade dos rapaces para expresar o que quizais quererían dicir, e por iso podemos ver a novela tamén como unha celebración da comunicación e da lingua, da necesidade de posuírmos as palabras necesarias que nos permiten relacionarnos co resto sen estar en inferioridade de condicións.
A escrita de Bégaudeau é sincera e profunda, nin pesimista nin bucólica, e fai do instituto un microcosmos pluricultural que reproduce a maneira de preciso altofalante os conflitos identitarios, os desequilibrios de poder, a desigualdade de oportunidades e as dificultades para integrar o diferente. Un lugar onde poden xurdir situacións xeniais pero que non é capaz de corrixir as inxustizas e en ocasións mesmo contribúe a amplificalas. Un espazo real, en suma, tan bo ou tan malo como a sociedade da que forma parte.
“A Clase” e “Mal de escola” son noticia en “La Voz de Galicia”
Febreiro 19, 2009La Voz de Galicia publica hoxe, nas páxinas de cultura, “A literatura sobre os conflitos nas aulas é un éxito de vendas en Galicia”.
Os libros A clase e Mal de escola esgotan a súa primeira edición só un mes despois de saír publicados.
«A clase», candidata aos Óscar
Xaneiro 23, 2009A película de Laurente Cantet Entre les murs (A clase), baseada na novela homónima de François Bégaudeau, foi declarada onte como unha das cinco candidatas ao Óscar á mellor película en fala non inglesa. A película, que xa obtivera a Palma de Ouro de Cannes 2008, foi estreada o pasado venres e pode verse en dúas salas galegas. A edición galega da novela, traducida por Xavier Senín e Isabel Soto, xa está tamén dispoñible nas librarías.
«A clase», chega ás librarías
Xaneiro 15, 2009O venres 16 comeza a chegar as librarías galegas A clase, coincidindo coa estrea da película homónima de Laurent Cantet, protagonizada polo autor da novela, François Begaudeau. Tamén se coñeceu hoxe que A clase (Entre les murs) será unha das nove candidatas preseleccionadas que optarán ao quinteto do que sairá o Oscar a mellor película de fala non inglesa.
«Eu falaba para unha clase silenciosa e distraída, Gibran e Arthur dedicábanse a unha análise comparativa das súas calculadoras e rebentaban co riso por non sei que, Michael asentía movendo a cabeza aínda que pensaba noutra cousa e, mentres, os muros daban en inclinarse perigosamente e terminarían por caernos a todos enriba.»
Cunha escrita descontinua que vai captando diferentes escenas e conflitos co alumnado e cos seus colegas, case coma se fose unha cámara, François Bégaudeau constrúe en A clase unha crónica do seu labor como profesor, engadindo mesmo as súas propias dúbidas e poñendo de manifesto as dificultades que xorden nas aulas, nos claustros, entre os adolescentes e tamén entre os adultos. Este é o impactante relato da vida nunha clase multicultural da bisbarra parisina, con todas as tensións entre profesores e alumnos, que en certa maneira traducen o conflito entre ricos e pobres, entre aqueles que posúen o saber e aqueles que non o teñen. Unha adaptación desta novela foi levada ao cine por Laurent Cantet, e a película homónima obtivo a Palma de Ouro do Festival de Cannes 2008. A tradución galega foi preparada por Xavier Senín e Isabel Soto López.
«A clase», de François Bégaudeau, primeira novidade de Xerais Narrativa 2009
Decembro 29, 2008A clase, a exitosa novela de François Begaudeau, traducida para o galego por Xavier Senín e Isabel Soto, será a primeira novidade de Xerais Narrativa para 2009. A clase aparecerá nas librarías, na segunda semana de xaneiro coincidindo coa estrea en España, o 16 de xaneiro, da película homónima de Laurent Cantet, premiada coa Palma de Ouro de Cannes 2008 e candidata francesa aos Oscar.
«Eu falaba para unha clase silenciosa e distraída, Gibran e Arthur dedicábanse a unha análise comparativa das súas calculadoras e rebentaban co riso por non sei que, Michael asentía movendo a cabeza aínda que pensaba noutra cousa e, mentres, os muros daban en inclinarse perigosamente e terminarían por caernos a todos enriba.»
Cunha escrita descontinua que vai captando diferentes escenas e conflitos co alumnado e cos seus colegas, case coma se fose unha cámara, François Bégaudeau constrúe en A clase unha crónica do seu labor como profesor, engadindo mesmo as súas propias dúbidas e poñendo de manifesto as dificultades que xorden nas aulas, nos claustros, entre os adolescentes e tamén entre os adultos. Este é o impactante relato da vida nunha clase multicultural da bisbarra parisina, con todas as tensións entre profesores e alumnos, que en certa maneira traducen o conflito entre ricos e pobres, entre aqueles que posúen o saber e aqueles que non o teñen. Unha adaptación desta novela foi levada ao cine por Laurent Cantet, e a película homónima obtivo a Palma de Ouro do Festival de Cannes 2008.
François Bégaudeau (Luçon 1971) é profesor, xornalista deportivo, escritor, cantante e actor. Colaborador habitual de varias revistas culturais: Inculte, Cahiers du cinéma, Transfuge e cronista de La matinale de Canal +. Iniciou a súa carreira como narrador en 2003 coa publicación da novela Jouer juste. Posteriormente publicou a novela Dans la diagonale (2005) e a ficción biográfica Un démocrate, Mick Jagger 1960-1969. Xa en 2006 publicou Entre les murs (A clase, Xerais 2008), a súa terceira novela, que recibiu o Prix France Culture/Telerama e o recoñecemento apoteósico do público francés. En 2007 publicou a súa cuarta novela Fin de l’ histoire e en 2008 o ensaio Antimanuel de litterature e a peza teatral Le problème. En 2008 Entre les murs foi adaptada ao cinema por Laurent Cantet, película na que o propio Bégaudeau participou como coguionista e intérprete do papel do profesor protagonista e que, ademais, mereceu a Palma de Ouro do Festival de Cannes do mesmo ano.