Os seguidores da serie protagonizada por Flanagan, o detective adolescente, están de en hora boa. Na última semana de febreiro, coincidindo coa aparición da edición orixinal en catalán, chegará as librarías a tradución galega de Isabel Soto de Flanagan Flash-Back, novela na que Andreu Martín e Jaume Ribera recuperan o personaxe de Clara Longo, a primeira moza do famoso detective. Xerais lev
a publicadas dentro da colección «Fóra de Xogo» sete títulos deste serie: Flanagan de luxe (Xerais 1994, 7ª edición), Alfagan é Flanagan (Xerais 1996, 3ª edición), Flanagan Blues Band (Xerais 1996, 2ª edición), Flanagan 007 (Xerais 1998, 2ª edición), Flanagan, só Flanagan (Xerais 2000), Eu tampouco me chamo Flanagan (Xerais 2006) e Flanagan Flash-Back (Xerais 2009).
Xusto a primeiros de setembro, coincidindo co cumio de Xefes de Estado que se celebra en Barcelona, uns días antes de que Nines lle prepare a festa do seu dezaoito aniversario, Flanagan sabe polo seu amigo Charche que a policía detivo a Clara Longo, a que fora a súa primeira moza, unha heavi lindísima da que nada sabía dende facía catro anos. A pesar de que os rillotes do Komando Destrutor lle pediran que seguise á profesora Xema Obiols, unha oportunidade estupenda para estrear a súa moto nova de segunda man, Flanagan non poderá evitar buscar o rastro de Clara, que recoñece coma unha das mozas máis importantes da súa biografía sentimental. Movido por estas saudades inexplicables, Flanagan atopará esa pista na tenda de Todo a Un Euro, propiedade de Simón Bericart e Margot Longo, unha tapadeira para vender xoias roubadas. Mais a súa perplexidade aumentará cando coñece que a tía de Clara é asasinada. Flanagan, entón, deberá enfrontarse a resolver un dos seus casos máis complexos e perigosos.