Posts Tagged ‘el_correo_gallego’
Xuño 25, 2009

Foto El Ideal Gallego
A vida do outro de Carlos G. Reigosa, Premio Torrente Ballester 2008, foi presentado no día de onte en roda de prensa na sede da Deputación da Coruña. Nesta anotación enlazamos toda a información recollida nos medios.
- “Un espello no que atopar o rostro” (Galicia Hoxe)
- “A Deputación da Coruña publica A vida do outro a través de Xerais” (La Opinión)
- “Carlos G. Reigosa presenta la novela A vida do outro, ganadora del vigésimo Premio Torrente Ballester” (La Voz de Galicia)
- “Sae ao mercado o último premio Torrente Ballester” (El Ideal Gallego)
- “A Deputación da Coruña publica A vida do outro de Carlos G. Reigosa” (El Correo Gallego)
- “Reigosa: A vida do outro é unha novela sobre o que a Transición fixo en nós” (Diario de Ferrol)
- “A Deputación da Coruña publica A vida do outro de Carlos G. Reigosa” (Xornal.com)
Etiquetas:a-coruña, a_vida_do_outro, carlos_reigosa, diario_de_ferrol, el_correo_gallego, el_ideal_gallego, galicia_hoxe, la_opinión, la_voz_de_galicia, premio_torrente_ballester
Publicado en Entrevistas, Narrativa, Premios, Presentacións, Xerais_nos_medios | 2 Comments »
Xuño 22, 2009
El Correo Gallego dedicou onte o seu cadro de honra ao escritor Agustín Fernández Paz.
Como nos contos tradicionais . Tres agasallos: un penedo, unha árbore -a bidueira- e un espazo público onde ficará o seu nome. A homenaxe O escritor na súa terra -que organiza a Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG)- recoñecía onte en Vilalba a Agustín Fernández Paz, o escritor nado nesta vila luguesa ao que as letras galegas lle deben algunhas das novelas máis profusamente devoradas e reeditadas das últimas décadas. Os libros de Agustín Fernández Paz, que onte se declaraba “honrado” pola homenaxe dos seus compañeiros da escrita, son material da súa vida, extraídos palabra por palabra das súas propias emocións, pródigos en amor e en memoria, impecábeis na súa estrutura, tamén na súa verdade. Esa singular sinxeleza -que aniña tamén no seu carácter fondamente humano- volveu erguerse onte nun tributo no que o autor evocou o “agasallo maior” do idioma, a lingua de Galicia, da que el fai defensa, fortaleza, agasallo universal. Como en San Simón -no fermoso discurso que leu na entrega dos Xerais- Fernández Paz falou co acerto e a lucidez que lles está reservado a uns poucos, aos mellores.
Así mesmo, o xornal compostelán dedica unha reportaxe á homenaxe a Agustín Fernández Paz, celebrada en Villaba o pasado sábado.
Etiquetas:el_correo_gallego, fernández_paz, vilalba
Publicado en Autores, Homenaxes, Xerais_nos_medios | Leave a Comment »
Febreiro 3, 2009
Numerosos medios fanse eco hoxe da noticia do acto de presentación das Conversas con Emilio Pérez Touriño preparadas por Manuel Lombao para a colección Crónica. El Correo Gallego publica unha crónica e un carrusel de imaxes; outrosí fixeron Galicia hoxe, La Voz de Galicia, Faro de Vigo, El País Galicia, Soitu, La Opinión da Coruña, Xornal de Galicia, Europa Press, Vieiros, Galiciae. Máis imaxes da presentación poden verse aquí.
Etiquetas:conversas_con_emilio_pérez_touriño, el_correo_gallego, europa_press, faro_de_vigo, galiciae, galicia_hoxe, la_opinión_da_coruña, la_voz_de_galicia, manuel_lombao, soitu, vieiros, xornalismo, xornal_de_galicia
Publicado en Crónica, Presentacións, Xerais_nos_medios | Leave a Comment »
Xaneiro 7, 2009
Acaba de aparecer a segunda crítica d’ A batalla do paraíso triste, a novela de Xosé Ramón Pena. O texto é de Francisco Martínez Bouzas e foi publicado nas páxinas de El Correo Gallego o pasado 30 de decembro. Recollemos algúns dos parágrafos dun texto moi gabancioso coa novela:
Lisboa, a cinsenta, ambigua e á vez brillante e fermosa capital dun país niño de espías e intrigas internacionais durante a II Guerra Mundial, sérvelle ao escritor para ambientar e situar a acción dunha excelente novela que tira do lector desde a primeira liña. Porque, cando o fragmentarismo ou os trebellos metaficcionais comezan a nos empachar, Pena volve ás canles da novela de sempre e cóntalle ao lector unha verdadeira historia, que racha cos lindes xenéricos e sutura en doses equilibradas, elementos da novela de acción, da novela negra, de espionaxe e o thriller sentimental, actuando a intriga como fío que turra constantemente da atención lectora.
[…]
Pena conxuga con habilidade elementos históricos, como tal a presenza dos seguidores do movemento ultrafascista portugués Rolão Preto, que pretendera anexionar Galicia durante a Guerra Civil, cunha rede argumental enteiramente ficcional. Mais a ficción é o grande marcador semántico que somete ás súas leis acontecementos e personaxes historicamente verificables. Endalí que A batalla do paraíso triste é unicamente ficción, unha novela que ilustra fermosamente un retallo da historia portuguesa. Cun estilo limpo, áxil e natural e un ritmo fluído, o narrador conta unha verdadeira historia que racha cos xéneros.
A novela consolida definitivamente, se aínda non o estaba, un soberbio narrador, que sabe resistir as urxencias de publicar cada ano, pero que, na miña estima, non está sendo valorado como cumpriría. Estamos nun intre no que o sistema literario galego e o aparello promocional dalgúns dos seus axentes máis importantes decidiron apostar, quer pola cota da discriminación positiva, quer por puro marketing, por caras máis novas e máis bonitas. Pero a fermosura e a novidade, nestes eidos literarios, non son sinónimo de calidade e as modas son sempre efémeras e pasaxeiras.
Etiquetas:a_batalla_do_paraíso_triste, el_correo_gallego, francisco_martínez_bouzas, novela, xosé_ramón_pena
Publicado en Críticas, Narrativa, Xerais_nos_medios | 1 Comment »
Outubro 24, 2008

Agustín Fernández Paz foi o gañador do Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil 2008, co seu libro O único que queda é o amor. Recollemos algunhas das entrevistas e novas publicadas nos medios:
- «A miña obsesión é loitar pola dignificación da literatura xuvenil» (La Voz de Galicia)
- «O maior galardón son o lectores» (Galicia Hoxe)
- «Lenme os mozos e os adultos sen anteolleiras» (El Pais Galicia)
- «La literatura tiene que conquistarte el corazón» (Faro de Vigo)
- «Fernández Paz, Premio Nacional» (El Correo Gallego)
- «Agustín Fernández Paz gana el Premio Nacional de Literatura Infantil y Juvenil» (El Progreso)
- «Agustín Fernández Paz, Premio Nacional de LIteratura Infantil» (Diario de Pontevedra)
- «Agustín Fernández Paz gana el Nacional de Literatura Infantil» (La Opinión)
- «Agustín Fernández, Premio Nacional de Literatura Infantil con una obra en gallego» (La Región)
- «O Ministerio de Cultura premia a Fernández Paz» (A Nosa Terra)
- «O maior e verdadeiro premio, o inesperado: o aprezo dos lectores» (Vieiros)
- «Agustín Fernández Paz, Premio Nacional de Literatura Infantil» (Culturagalega.org)
- «Agustín Fernández gaña o Nacional de Literatura Infantil cun texto en galego» (Xornal.com)
- «Fernández Paz; premio nacional de literatura juvenil» (El País)
- «El nacional de Literatura Juvenil para Fernández Paz» (Público)
- «Agustín Fernández Paz gana el Premio Nacional de Literatura Infantil y Juvenil» (CNN+)
- «Agustín Fdez Paz gana el Nacional de LIteratura Infantil con una obra en gallego» (Diario de Sevilla)
- «Agustín Fernández Paz, premio Nacional de Literatura Infantil y Juvenil» (Revista Babar)
- “Agustín Fernández Paz admite ser “afortunado en premios”, pero resalta que “el mayor” proviene de los lectores” (europa press)
- “Fernández Paz, premio estatal de LIX” (Praza das Letras)
Etiquetas:a_nosa_terra, cultura_galega.org, diario_de_pontevedra, el_correo_gallego, el_país, el_progreso, faro_de_vigo, fernández_paz, galicia_hoxe, la_opinión, la_región, la_voz_de_galicia, o_único_que_queda_é_o_amor, praza_das, premio_nacional, premio_nacional_2008, relatos, vieiros, xornal.com
Publicado en Entrevistas, Premios, Xerais_nos_medios | 5 Comments »