Posts Tagged ‘dragona’

Críticas na revista “Os meus livros”

Agosto 1, 2008

A prestixiosa revista literaria portuguesa Os meus livros (a única dedicada esxlusivamente aos libros en Portugal) dedica unha páxina para recomendar as edicións en portugués d’ O único que queda é o amor de Agustín Fernández PazDragona de Xavier Queipo.

Premer sobre a imaxe para ler o texto.

Xavier Queipo, entrevista en “Fervenzas literarias”

Xullo 11, 2008

O escritor Xavier Queipo, autor de Dragona, novela recentemente traducida ao portugués, é entrevistado en Fervenzas literarias. Recollemos un dos parágramos desta longa e interesante entrevista referidos a Dragona:

“Si, [Dragona]é unha novela de personaxes e está chea de contradicións (xa dicía Cortázar que as contradicións son o motor das nosas vidas). A xente cada vez ten máis incertezas e menos seguridade, e eu reflexo as miñas propias inseguridades nesa media ducia de personaxes que aparecen na novela, cada un deles ten unha parte miña.

Pola miña experiencia de emigrante podo entender as situacións doutro que chega a un lugar que non é o seu, que non coñece a lingua nin a ninguén. Tamén están as causas que levan á xente a emigrar: económicas, política, identidade sexual…. Todo iso se reflicte na estructura e na esencia de cada un dos personaxes de Dragona.

No futuro creo que as identidades estarán menos marcadas, aínda que un teña o sentimento de pertenza quizais maior ao seu lugar de orixe todos iremos comendo e bebendo das tradicións doutros lugares, é a evolución da sociedade.”