O vindeiro xoves, día 9 de outubro, ás 20:30 horas realizarase na Librería Libraida de Gondomar (Rosalía de Castro 13) o acto de presentación do Dicionario de Fraseoloxía Galega de Carme López Taboada e María Rosario Soto Arias. No acto acompañará ás autoras Manuel Rico Verea, xefe do Gabinete de Normalización da Secretaría Xeral de Política Lingüística na Coruña. A presentación forma parte do programa do Instituto de Estudos Miñoranos QUEREMOS TANTO OS LIBROS, entidade a quen Xerais agradece esta iniciativa de promoción do libro galego.
Posts Tagged ‘dicionario_fraseoloxía’
«Dicionario de Fraseoloxía Galega», presentación en Gondomar
Outubro 7, 2008«Dicionario de Fraseoloxía Galega», crítica no «Cartafol»
Setembro 21, 2008Manuel Rodríguez Alonso publica no Cartafol unha a crítica sobre o Dicionario de Fraseoloxía Galega de Carme López Taboada e María Rosario Soto Arias. Recollemos algúns parágrafos significativos do texto:
Xa que logo, libro utilísimo e do que se poden lucrar non só tradutores e autores, senón tamén o profesorado de lingua, para elaborar exercicios de seu sobre ese sector tan profundamente castelanizado como é o da fraseoloxía. Estes colectivos debían ler o dicionario de xeito obrigado desde o comezo ao remate. […] Dicionario ben feito, contra o que é costume no panorama filolóxico galego, e imprescindible para o profesional da lingua, desde o xornalista, aos actores de dobraxe, pasando por tradutores e profesores.
“Dicionario de Fraseoloxía Galega”
Xuño 12, 2008O editor Miguel Anxo Fernán Vello publica na súa sección “Caderno aberto” de Galicia hoxe unha crítica entusiasta do Dicionario de Fraseoloxía Galega de Carme López Taboada e María Rosario Soto Arias. Recollemos un dos parágrafos máis significativos deste texto:
Estamos, pois, diante do máis completo dicionario de fraseoloxía dos publicados até o momento en Galicia; unha investigación que bebe -de aí a súa importancia e amplitude- nas fontes literarias e xornalísticas dos séculos XIX e XX, sumándolle así á fraseoloxía oral a riqueza inventiva que sobre o particular fornece o idioma galego escrito. Nada que lle envexar ten a presente obra ao magnífico Dicionário de expressões populares portuguesas, de Guilherme Augusto Simões, marabilloso compendio de arcaísmos, rexionalismos, ditos, frases feitas, lugares comúns e curiosidades da linguaxe. ¿Quere vostede dicir dar la murga? Non o dubide. Deberá empregar a seguinte frase: Tocar o pandeiro.
“Dicionario de Fraseoloxía Galega”, crítica
Xuño 12, 2008Xosé Feixó publica hoxe no Faro da Cultura unha crítica sobre o Dicionario de Fraseoloxía Galega, preparado polas profesoras Carme López Taboada e María Rosario Soto Arias.