O vindeiro xoves, día 9 de outubro, ás 20:30 horas realizarase na Librería Libraida de Gondomar (Rosalía de Castro 13) o acto de presentación do Dicionario de Fraseoloxía Galega de Carme López Taboada e María Rosario Soto Arias. No acto acompañará ás autoras Manuel Rico Verea, xefe do Gabinete de Normalización da Secretaría Xeral de Política Lingüística na Coruña. A presentación forma parte do programa do Instituto de Estudos Miñoranos QUEREMOS TANTO OS LIBROS, entidade a quen Xerais agradece esta iniciativa de promoción do libro galego.
Posts Tagged ‘carme_lópez_taboada’
«Dicionario de Fraseoloxía Galega», presentación en Gondomar
Outubro 7, 2008«Dicionario de Fraseoloxía Galega», crítica no «Cartafol»
Setembro 21, 2008Manuel Rodríguez Alonso publica no Cartafol unha a crítica sobre o Dicionario de Fraseoloxía Galega de Carme López Taboada e María Rosario Soto Arias. Recollemos algúns parágrafos significativos do texto:
Xa que logo, libro utilísimo e do que se poden lucrar non só tradutores e autores, senón tamén o profesorado de lingua, para elaborar exercicios de seu sobre ese sector tan profundamente castelanizado como é o da fraseoloxía. Estes colectivos debían ler o dicionario de xeito obrigado desde o comezo ao remate. […] Dicionario ben feito, contra o que é costume no panorama filolóxico galego, e imprescindible para o profesional da lingua, desde o xornalista, aos actores de dobraxe, pasando por tradutores e profesores.