Xosé Ramón Pena será entrevistado esta noite por Manolo Romón no programa «Libro Aberto» de TVG con motivo da publicación da súa novela A batalla do paraiso triste. A entrevista foi gravada no Museo Galego de Arte Contemporánea de Santiago e será emitida na noite do domingo a partir das 1:45 da madrugada. Ademais, no programa, Xavier del Valle Inclán falará de Fendas abertas. Seis ensaios sobre a cuestión nacional de Carlos Taibo. O programa repetirase en G-2 o venres, 20 de febreiro, ás 15:30 horas. Tamén pode verse en internet aquí.
Posts Tagged ‘carlos_taibo’
Xosé Ramón Pena está noite en «Libro Aberto»
Febreiro 15, 2009«Fendas abertas», crítica no «Faro da Cultura»
Xaneiro 29, 2009Alfredo Iglesias publica no «Faro da Cultura» unha crítica sobre Fendas abertas, o ensaio de Carlos Taibo.
Carlos Taibo, entrevistado por «Vieiros»
Decembro 9, 2008«Fendas abertas» no «Diario Cultural»
Decembro 2, 2008Carlos Taibo presentou hoxe Fendas abertas. Seis ensaios sobre a cuestión nacional, o seu máis recente libro publicado por Xerais Ensaio no diario Cultural da radio Galega. Aquí pode escoitarse a entrevista que lle fixeron.
«Fendas abertas», crítica en Culturagalega.org
Novembro 17, 2008Gustavo Hervella publica hoxe unha crítica sobre o último libro de Carlos Taibo titulada “As faces do nacionalismo”. Recollemos un fragmento:
Carlos Taibo ofrece un valioso material desde o que repensar moitas das discusións que se interesan pola cuestión nacional e a súa relación coa globalización, coa esquerda e o Estado a principios do século XXI. O fío condutor é a explicación do fenómeno nacionalista en diferentes latitudes que teñen en común un fito: a poboación que habita eses territorios, en maior ou menor medida, atende a diversos postulados nacionalistas.
«Fendas abertas», seis ensaios de Carlos Taibo sobre a cuestión nacional
Outubro 2, 2008Outras das novidades da colección «Xerais Ensaio» deste mes de outubro é Fendas abertas. Seis ensaios sobre a cuestión nacional , libro de Carlos Taibo, prologado por Xosé Manuel Beiras.
Fendas abertas céntrase na idea da cuestión nacional, abordando a súa relación coa globalización, coa esquerda e o Estado; co papel asignado a Galiza no magma xeral da globalización capitalista; coa singularísima condición dun nacionalismo, o español, de sempre esquecido; e, en suma, a natureza da cuestión nacional na Unión Soviética e o acontecido na Europa central e oriental contemporánea, no que a aquela atinxe, nos dous últimos decenios.
O libro, escrito nunha linguaxe sempre comprensible, desenvolve perspectivas que non son, con claridade, as que defenden a maioría dos estamentos de poder no mundo contemporáneo; e configura un material polémico desde o que repensar moitas das discusións, a miúdo agres, que se interesan pola cuestión nacional a principios do século XXI.