Xa están dispoñibles na web de Xerais, para seren descargadas por todo o profesorado e alumnado que o precise, as transparencias para traballar na aula os distintos tipos de funcións que se tratan en Matemáticas nos niveis de ESO e Bacharelato: funcións exponenciais e logarítmicas, funcións irracionais, funcións polinómicas, funcións racionais e funcións trigonométricas.
Posts Tagged ‘bacharelato’
Matemáticas ESO e Bacharelato: materiais de apoio descargables
Febreiro 6, 2009Optativas de Bacharelato
Xuño 28, 2008Aquí pode descargarse o decreto que establece a relación de materias optativas de bacharelato, o seu currículum e regula a súa oferta. Como materias optativas de oferta obrigatoria en todas as modalidades de bacharelato aparecen Música (1º), Segunda lingua estranxeira (1º e 2º) e Tecnoloxías da información e comunicación (1º). Como outras optativas a ofertar, sempre que a organización e os recursos do centro o permitan, figuran: “Antropoloxía” (1º), “Ética e filosofía do dereito” (2º), “Filosofía da ciencia e tecnoloxía” (2º), “Métodos estatisticos e numéricos” (2º) e “Xeografía e historia de Galicia” (2º).
Con respecto ao regulamento anterior, desaparecen as materias de “Literatura galega do século XX” e “Introdución ás Ciencias Políticas e Socioloxía”. Así mesmo, pasan de 1º a 2º curso a “Ética e Filosofía do dereito” e os “Métodos estatísticos e numéricos”.
A orde tamén establece a posibilidade de cursar como optativa, unha materia propia de modalidade.
Estas materias optativas terán unha duración de catro horas semanais.
Currículum de Bacharelato
Xuño 23, 2008Hoxe saíu publicado no DOG o Decreto de currículum do Bacharelato LOE da Consellaría de Educación. Inclúe os currículums de todas as materias e o regulamento das ensinanzas desta etapa educativa. Pode descargarse en pdf aquí.
Programacións de Bacharelato
Xuño 4, 2008Nestes días comezamos a subir á rede as primeiras versións, en formato pdf, das programacións didácticas dos novos libros de Bacharelato. Aquí pode descargarse o documento (64 páxinas) de Lingua e Literatura e aquí o documento (172 páxinas) de Lengua castellana y literatura, ambos os dous de 1º de Bacharelato. Nos próximos días subiremos os documentos de Matemáticas e Ciencias para o Mundo Contemporáneo. Pode obterse máis información sobre os materiais didácticos en Xerais blog de lingua.