- O único que queda é o amor, Agustín Fernández Paz, relatos.
- O xardín das pedras flotantes, Manuel Lourenzo González, novela.
- Toda a vida, Luís Rei Núñez, novela.
- Náufragos en terra, Xosé Manuel Martínez Oca, relatos.
- O lapis do carpinteiro, Manuel Rivas, novela.
- Resistencia, Rosa Aneiros, novela.
- Onde o sol non adormece, Antón Cortizas, novela.
- Atracción total, Carme Blanco, micronarrativa.
- Era por setembro, Xabier Quiroga, novela.
- Espérame, Xosé A. Perozo, novela.
Posts Tagged ‘atracción_total’
Dez libros para namorar
Febreiro 14, 2009Miscelánea de textos breves
Setembro 4, 2008Xosé Manuel Eyré publica no diario electrónico A Nosa Terra unha crítica de Atracción total, o libro de Carmen Blanco publicado en Xerais Narrativa. Recollemos un dos parágrafos máis significativos do texto:
O uso da primeira persoa (hai protagonista) permite que moitos textos poidan ser considerados como microcontos, aínda que o lategazo final climático se dirixe á esfera emocional do lector, algo típico da poesía. Mais polo común son microrrelatos. A filiación poética, malia estaren escritos en prosa, é, en moitísimos casos, máis que evidente; en si, xa no nacemento eran poesía, outra cousa é como se manifesten, alén de que se bote man de recursos poéticos, sobre todo de repetición (onde o segundo membro, ademais de funcionar como intensificador debe evocar contraste). Polo demais hai textos que ben poden ser considerados microhistoria (salientamos aqueles que reivindican os nomes e figuras das mulleres dos represaliados, as historias oficiais adoitan pasar por riba deles moi inxustamente), noutros casos están moi próximos ao microensaio, a un microensaio no que á súa vez conflúen poesía e filosofía, de aí que os achemos como poéticos ou filosóficos.
“Atracción total”, crítica en lg3
Setembro 2, 2008Montse Pena Presas publica en lg3 unha crítica sobre Atracción total, o máis recente libro de narrativa de Carmen Blanco. Recollemos o primeiro e o derradeiro parágrafos do texto:
Unha sorte de caixa de Pandora da que non deixan de saír historias da xénese máis diversa para quen goce coas tramas que se perden e se reencontran, para quen ature o caos e, moi especialmente, para quen saiba remexer, paciente, nun baúl de palabras, ata quedar coas que debe gardar. Carmen Blanco tece a súas redes con dúas premisas: a defensa da liberdade e o feminismo activo.
Este non é un libro para aqueles lectores e lectoras que procuren unha ficción convencional ao uso, tampouco para os que esperen atopar tras estas páxinas liñas e liñas que subliñar., nin tan sequera para os amantes do relato brevísimo. Atracción total é para quen goce coas tramas que se perden e se reencontran, para quen ature o caos e, moi especialmente, para quen saiba remexer, paciente, nun baúl de palabras, ata quedar coas que debe gardar.
“Atracción total”, crítica en Protexta
Agosto 25, 2008Entrevista a Carmen Blanco
Agosto 4, 2008Galicia hoxe publica unha longa entrevista de Manuel Vidal Villaverde con Carme Blanco, a raíz da presentación de Atracción total na Feira do Libro da Coruña. A autora lucense afirma que “Atracción total entrelaza historias, como a dos amantes de Augas Santas ou a de Xoana Capdevielle, coa arte pobre de muller dos retallos. É un canto á vida, ao amor e á liberdade. E di: Punto G Galicia. Gocemos. Prefiro ser Puta que Princesa. Contra o poder, pracer.”