Con motivo da publicación en España das edicións d’ A deleiba do mundo, o máis recente libro de ensaios de Amin Maalouf, hoxe son moi numerosas as entrevistas co grande autor franco-libanés. Europa Press, EFE, El País, ABC, El Mundo recollen as declaracións dun Maaoluf esperanzado que reivindica, como no seu ensaio, «o investimento en cultura como investimento en paz cívica».
Posts Tagged ‘ABC’
Maalouf: «investir en cultura é investir en paz cívica»
Setembro 29, 2009«Festina lente», crítica en «ABC»
Abril 28, 2009A piques de entrar no almacén a segunda edición de Festina lente, a novela de Marcos Calveiro merecedora do premio Irmandade do Libro ao mellor libor do ano e o premio da Crítica, no suplemento cultural mensual dedicado á cultura galega de ABC aparece outra crítica entusiasta.
[Premer na imaxe para ler con comodidade.]
Suso de Toro presentou “Outra Galiza”
Xullo 1, 2008Suso de Toro presentou Outra Galiza nun acto celebrado no Club Internacional de Prensa de Santiago no que estivo acompañado do editor Manuel Bragado. Recollemos as primeiras referencias publicadas nos medios electrónicos:
- “Os galegofalantes somos tratados como inmigrantes” (Galicia hoxe).
- “A ‘Outra Galiza’ de Suso de Toro” (El Correo Gallego).
- “Suso de Toro. ‘Soy de los de Galiza con Z'” (El País Galicia).
- “Suso de Toro: ‘Este é un libro militante'” (A Nosa Terra).
- “De Toro cre que o cambio político en ‘Galiza’ non erradicou o ‘clientelismo'” (Faro de Vigo).
- “Suso de Toro: ‘o cambio en Galiza non erradicou o clientelismo'” (La opinión da Coruña).
- “Suso de Toro reflexiona en ‘Outra Galiza’ sobre los dilemas de la sociedad gallega” (EFE, Soitu).
- “Suso de Toro: ‘O maior cambio de Galiza foi apartar un poder político que parecía perpetuo'” (Galiciae).
- “Suso de Toro reflexiona en ‘Outra Galiza’ sobre el cambio político y critica que se mantengan políticas clientelares” (La Región).
- “O escritor Suso de Toro presentou o seu último libro no Club de Prensa” (ABC).
- “Suso de Toro presenta a súa percepción de Galiza nun libro novo” (Vieiros).
- “‘Outra Galiza’ de Suso de Toro” (MundoGaliza).
- “Son dos de ‘Galiza’ porque fixen galeguista con Castelao” (Praza das letras).