Posts Tagged ‘a_nosa_horta’

“A nosa horta”

Xuño 17, 2008

Acaba de entrar no almacén A nosa horta. Guía para a ordenación dos cultivos na horta familiar, unha edición otalmente renovada e actualizada do libro que publicaran hai dez anos Xesús Cordeiro Budiño, Mª Consuelo Davila Villar e Andrés Núñez Rajoy.

En Galicia é costume arraigado dispoñer dunha parte do terreo da casa para a horta familiar. A evolución da agricultura, que introduciu novas técnicas de cultivo, tamén trouxo consigo malas interpretacións acerca do que se debe e non se debe facer. A nosa horta é un manual encamiñado a corrixir, orientar e confirmar as boas prácticas agrícolas dentro das nosas casas e partindo da nosa realidade. O carácter didáctico do libro, con ilustracións, fotografías e debuxos, faino axeitado tanto para o agricultor profesional como para o afeccionado, pois aborda en profundidade os temas hortícolas de Galicia. A nosa horta trata todos os aspectos de solo, planta, clima, protección e ordenamento dos cultivos, así como a propia saúde das plantas, aplicados a máis de 40 cultivos.

O libro estará dispoñible para o público na Feira do Libro de Vigo.