1992, IXº Premio Xerais

Ourense, 7 novembro 1992

O Liceo de Ourense acolleu o fallo da novena edición do premio de novela que aumentou a súa dotación ata 1.500.000 pesetas, e da sétima edición do Merlín que chegou ata as 750.000 pesetas.

De entre as dezaoito novelas presentadas, o xurado escolleu á titulada O infortunio da soidade do escritor ourensán Xosé Carlos Caneiro. O xurado calificou O infortunio da soidade como “obra monumental”, valorando “a súa alta calidade literaria, a experimentación tanto na linguaxe como na técnica narrativa e a utilización dos diversos recursos narrativos”. Definida polo seu autor como “novela sen novela, pretende estimular a liberdade do lector á hora de inclinarse por unha liña narrativa, por un fondo, por unha trama, dentro do abano de posibilidades que se lles ofrece”.

Xurado IXº Premio Xerais de Novela: Xose Platero, Aurelio Gómez (ausente), Xosé M. Vélez Latorre, Mª Xesús Pato Díaz, Gonzalo Rodríguez Mourullo e X. Luís Méndez Ferrín (secretario sen voto).

De entre os dezanove orixinais presentados ó Merlín, o xurado escolleu ó titulado Os mornias, presentado pola profesora celanovense Lola González. Os mornias –calificada polo xurado como “novela sinxela e divertida, con fantasía– é unha novela de pandas, chea de maxia, aventuras trepidantes, equívocos e un grande sentido do humor.

Xurado VIIº Premio Merlín de Literatura para Nenos: Uxía Carballeira, Carlos Cabido, Iago López, Rosa Luengo, Xosé Lastra e Helena Pérez (secretaria sen voto).

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s


%d bloggers like this: