Agustín Agra debuta na colección Xerais Narrativa cun libro de relatos, O recendo das mimosas.
Unha ducia de relatos forman esta primeira entrega de Agustín Agra en Xerais Narrativa, que se abre coa narración da irremediable metamorfose, que tras a subida das augas, converte ás protagonistas de “A tarasca”, de forma sucesiva en cobras, serpes, serpentas, e, finalmente, en cocas ou tarascas voadoras; e que se pecha con “Teseo no labirinto”, onde se convocan os protagonistas mitoloxía clásica. Entremedias, en relatos como “Os límites do inimaxinábel”, “Wünderbar” ou “O anel de Coleridge”, a irrupción dun elemento fantástico inesperado axuda a explorar fronteiras descoñecidas da realidade; noutros, como “Na caeira” ou “o Souto dos Gatos”, homenaxéase de forma explícita á memoria republicana; mentres que, finalmente, no relato “Xogando aos faraóns” ou, na case noveliña, “O chintófano”, a sátira política e o humor máis retranqueiro centran toda atención dunha engaiolante lectura.
O recendo das mimosas chegou esta semana ás librarías e será presentado en Noia no vindeiro mes de outubro.
Etiquetas: agustín_agra, noia, o_recendo_das_mimosas, relatos
Setembro 22, 2009 ás 8:50 am |
[…] escomenzaba a ler O recendo das mimosas, nin o pensei. Antes, no parte das dúas, tiven novas razóns para sentir reavivada a […]
Setembro 25, 2009 ás 9:24 am |
[…] a piques de rematar a lectura de O recendo das mimosas. Quédanme os dous do […]