Chega ás librarías Mercurio, a novela de Emilio Alonso gañadora do Premio La Voz de Galicia de novela por entregas 2008.
Mercurio é un thriller ambientado en Lugo e protagonizado por un ex-policía que exerce como criminólogo, mediático e famoso grazas á televisión. Por esta novela de Emilio Alonso, desfilan tamén un morto, policías, forenses, historias de amor e, sobre todo, moitas anécdotas que o protagonista vai contando ao longo da narración. O Lugo onde que a historia se desenvolve é unha cidade actual, con importantes referentes do pasado, pero no que pervive un miserable ambiente moral, social e cultural, o que se respiraba na cidade na década dos sesenta e primeiros setenta, prevalecendo vellos hábitos e rutinas que converten a Mercurio nunha hábil mestura entre novela policíaca e costumista. O humor e a retranca do protagonista, posuidor dunha dobre moral, e a homenaxe sentimental que o autor fai á súa cidade, converten esta novela, pola que pasean todo tipo de personaxes, nunha lectura agradable, amena e divertida.
Mercurio será presentada en Lugo, cidade onde se desenvolve este thriller, no mes de outubro.
Etiquetas: emilio_alonso, mercurio, novela, premio_la_voz_de_galicia_de_novela_por_entregas
Setembro 29, 2009 ás 9:21 am |
[…] as cousas, pillei entre as mans unha curiosa noveliña. O que primeiro me chamou a atención é un detalle curioso: o de que o autor Emilo Alonso, na […]
Setembro 30, 2009 ás 9:34 am |
[…] na lectura de Mercurio, teño por diante unha trama consistente, ben organizada, na que o crime non é un acto […]
Outubro 4, 2009 ás 11:45 am |
[…] me contentei esta semana con ler só o Mercurio de Emilio Alonso. A idea era facer unha crónica de dous títulos, da novela breve e mais doutro. […]