Na Feira do Libro da Coruña, que se celebrará nos xardíns de Méndez Núñez, do 1 ao 10 de agosto, Xerais ten programadas as seguintes actividades:
Día 1. Sábado
18.30 O escritor e xornalista Manuel Rivas asinará exemplares do seu libro O sombreiro chichiriteiro e de toda a súa obra.
Día 3. Luns
20.00 Conferencia do profesor Xesús Alonso Montero arredor dos seus libros máis recentes: Cartas de republicanos galegos condenados a morte (1936-1948), publicado por Edicións Xerais de Galicia e Ramón Piñeiro ou a reinvención da cultura galega, publicado pola Editorial Galaxia.
Día 4. Martes
19.30 Xosé Neira Vilas asinará exemplares dos seus libros.
21.00 O escritor Xosé Neira Vilas, presenta o seu libro Lóstregos. Xunto co autor, participará no acto Manuel Bragado.
Día 5. Mércores
18.00 A feira dos nenos. Acto arredor do libro O arco da vella, de Charo Pita, ilustrado por Xosé Tomás. Participarán os autores do libro.
20.00 O escritor e xornalista Luis Rei Núñez presenta o seu libro Monte Louro, (Premio Blanco Amor de novela 2009). Xunto co autor, participarán no acto o escritor Xavier Seoane e Manuel Bragado.
Día 6. Xoves
19.00 O escritor e xornalista Carlos G. Reigosa asinará exemplares do seu libro (Premio Torrente Ballester de novela 2008) A vida do outro.
Día 7. Venres
20.00 Xabier P. Docampo (autor) e Xosé Cobas (ilustrador), asinarán exemplares d‘ O Libro das viaxes imaxinarias (Premio Irmandade do Libro 2009 da Federación de Libreiros de Galicia).
Etiquetas: a_coruña, a_vida_do_outro, carlos_reigosa, charo_pita, lóstregos, luís_rei_núñez, manuel_rivas, monte_louro, novela, o_arco_da_vella, o_libro_das_viaxes_imaxinarias, o_sombreiro_chichiriteiro, premio_blanco_amor, premio_torrente_ballester, xabier_docampo, xosé_cobas, xosé_neira_vilas, xosé_tomás
Xullo 27, 2009 ás 9:53 am |
[…] será presentado na Feira do Libro da Coruña o martes, 4 de agosto, ás 21:00 horas, nun acto no que Xosé Neira Vilas será acompañado polo editor Manuel […]
Agosto 2, 2009 ás 10:56 am |
[…] da novela A vida do outro, gañadora do Premio Torrente Ballester 2008, Carlos Reigosa estará na Feira do Libro da Coruña o vindeiro xoves, 6 de agosto, ás 19:00 asinando exemplares desta novela e do resto da súa […]
Agosto 3, 2009 ás 9:55 am |
[…] By xerais O martes, 4 de agosto, ás 21:00 horas, dentro do programada de actividades da Feira do Libro da Coruña, Xosé Neira Vilas presentará Lóstregos, o libro de xornalismo polo que obtivo o premio Manuel […]
Agosto 4, 2009 ás 10:45 am |
[…] Libro da Coruña By xerais Mañá mércores, ás 20:00 horas, Luis Rei Núñez presentará na Feira do Libro da Coruña Monte Louro, a novela gañadora do Premio Blanco Amor 2009. Acompañarán ao autor, o escritor […]
Agosto 5, 2009 ás 10:22 am |
[…] O vindeiro venres, 7 de agosto, a partir das 20:00 horas Xabier DoCampo e Xosé Cobas asinarán na Feira do Libro da Coruña exemplares d‘ O Libro das viaxes imaxinarias (Premio Irmandade do Libro 2009 da Federación de […]