María Reimóndez, entrevistas tras a presentación de “Pirata”

Presentacion Libro Maria ReimondezTras a presentación de onte en Vigo de Pirata, a súa terceira novela, María Reimóndez é entrevistada por Faro de Vigo (só na edición impresa), Xornal de Galicia e Galicia hoxe.

XG00156401En Xornal de Galicia, María Reimóndez insiste na idea de que Pirata “non é unha historia de piratas, senón un pretexto para falar doutras cousas. O que me interesaba dende o punto literario era subverter a literatura de aventuras, un xénero habitualmente masculinizado, polo que fixen algo que é en parte unha novela de piratas, e tamén unha novela histórica, pero ten moitas outras facetas”.

Na entrevista en Galicia hoxe, preparada por M. Dopico, Reimóndez presenta Pirata como a busca da propia identidade e todas as loitas que isto implica, encarnada en tres personaxes que se rebelan contra os patróns de comportamento establecidos. “O que máis me fascinou de toda a historia é o tema das identidades, que son fluctuantes, permeables, flexibles. A personaxe principal” -Mark Read- “manifesta como somos o que perciben de nós. É o que di Judith Butler sobre o xénero: que é unha representación. As personaxes demostran como é posible levar unha vida que non é a socialmente esperable segundo o teu xénero, clase social…”, salientou. Malia que a imaxe da portada poida levar a interpretar o contrario, Pirata non é un libro para nenos, nin un relato de aventuras, senón unha obra de personaxes, que a autora estrutura en partes: Azul, Vermello e Negro. “O azul do mar, o vermello do sangue, o negro das bandeiras piratas. Na primeira parte hai máis introspección, na segunda máis acción. O de aventuras é un xénero tipicamente masculino, entón hai un xogo cos libros de aventuras, pero para contar algo totalmente diferente. Para min foi moi divertido escribir esta novela”, asegurou María Reimóndez.

Advertisements

Etiquetas: , , , , ,

Unha resposta to “María Reimóndez, entrevistas tras a presentación de “Pirata””

  1. Brétemas » «Pirata», terceira novela de María Reimóndez Says:

    […] presentación de onte de Pirata, a terceira novela de María Reimóndez (tras o éxito rotundo d' O club da calceta), foi unha marabilla. Durante media hora, María e […]

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s


%d bloggers like this: