Canteiro en Compostela con “Festina lente”

XG00139001O club de lectura Gálix Tendendo Redes remata a súa primeira andaina de actividades cun programa arredor da novela  Festina lente de Marcos Calveiro, organizado en colaboración coa asociación Amigos del Románico.

As actividades inícianse o día 2 de xullo no Consello da Cultura Galega, cunha lectura colectiva da novela a partir das 17:00 horas e  cunha conferencia, a partir das 19:00 horas, de  Carlos Sastre, experto en iconografías medievais, renacentistas, modernas e contemporáneas establecerá as claves entre arte e literatura ao longo da Historia.
O día 4 de xullo, sábado, desenvolvarase unha xornada artístico-literaria polos escenarios de Festina lente en Santiago de Compostela, así como cunha actividade de Bookcrossing, patrocinada por Edicións Xerais de Galicia, na que se deixarán en variados escenarios da zona vella de Santiago de Compostela exemplares da novela de Calveiro e doutras tanto dos autores escollidos este ano no club de lectura como doutros pertencentes á literatura xuvenil galega. Rematará a xornada cun recital poético que leva como lema “Canteiro en Compostela”, no cal moitas das nosas poetas e moitos dos nosos poetas labrarán con palabras a beleza da cidade pedra.

Para participar nas actividades do día 4 de xullo cómpre inscribirse enviando un correo  a galix@galix.org, anxelagracian@hotmail.com, tuiverde@gmail.com ou tendendorredes@gmail.com

Aconsellamos baixar o programa en pdf dende aquí.

Advertisements

Etiquetas: , , , , ,

2 Respostas to “Canteiro en Compostela con “Festina lente””

  1. Brétemas » Camiñar por Compostela da man de «Festina lente» Says:

    […] xornadas que o Club de Lectura de Gálix Tendendo Redes dedicada a Festina lente, a grande novela de Marcos Calveiro, parécenme unha marabilla. Esta […]

  2. Marcos Calveiro, entrevista en “Xornal de Galicia” « Xerais blog Says:

    […] Calveiro, entrevista en “Xornal de Galicia” By xerais Tras a moi exitosa actividade da pasada semana en Santiago arredor da novela Festina lente, Marcos Calveiro é entrevistado en […]

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s


%d bloggers like this: