O filólogo cangués Héitor Mera defenderá o vindeiro venres a primeira tese de doutoramento que se presenta en galego na UNED. Isto supón un feito histórico, xa que nunca antes na UNED se permitira o emprego de ningunha das linguas cooficiais do Estado Español para a presentación dunha tese.
O traballo, que versa sobre a vida e a obra do escritor Bernardino Graña, tivo como base a tesiña que presentara no ano 2003 sobre Vinte mil pesos crime.
Etiquetas: bernardino_graña, heitor_mera, UNED, vinte_mil_pesos_crime
Decembro 14, 2012 ás 8:45 am |
[…] por hoxe temos en Mera Herbello o mellor coñecedor da obra de Graña. Súa a edición prologada e anotada de Vinte mil pesos crime […]