Aquilino Iglesia Alvariño, 12 de xuño, celebración en Abadín do centenario do seu nacemento

Con motivo do centenario do nacemento de Aquilino Iglesia Alvariño (Seivane, Abadín, 12 de xuño 1909) Xerais publica a monografía O po dos días. Introdución temática á poesía de Aquilino Iglesia Alvariño do profesor Luciano Rodríguez Gómez. Xerais ten no seu catálogo a maior parte da obra do poeta chairego, dentro da Biblioteca das Letras Galegas o volume Poesías, preparado por tamén por Luciano Rodríguez Gómez, e Polo correo do vento, unha escolma dos poemas de Aquilino dirixidos ao público infantil.

XG00163901Hai cen anos, o 12 de xuño de 1909, nunha aldea luguesa (Seivane-Graña de Vilarente) do Concello de Abadín, nacía Aquilino Iglesia Alvariño (1909-1961).A súa formación comezou no Seminario Santa Catalina de Mondoñedo, para licenciarse logo en Filosofía e Letras pola Universidade compostelana, e converterse, finalmente en catedrático de Latín de Ensino Medio (1949). Aquilino Iglesia Alvariño foi responsable desta materia no Instituto de Lugo, Pontevedra e finalmente no Instituto Rosalía de Castro de Santiago de Compostela. Unha sólida formación nos autores clásicos gregos e latinos e nos autores da modernidade deron como resultado unha obra poética das máis compactas e calladas que floriron na poesía galega do século xx.

Con motivo do centenario do seu nacemento, o profesor Luciano Rodríguez da á luz esta magnífica aproximación á súa obra poética. O pó dos días estrutúrase en dúas sesións: na primeira, «Os días», dáse conta da súa peripecia biográfica; e na segunda, «As palabras», proponse unha lectura dos seis poemarios galegos que organizou e publicou Aquilino Iglesia Alvariño, un autor que fixo da lingua a súa patria.

Xerais uniuse á celebración dos actos deste centenario que, organizados polo concello de Abadín e o PEN de Galicia, terán lugar en Abadín o vindeiro venres, 12 de xuño.

Actos que comezarán ás 19:00 horas, cunha recepción diante do concello ás autoridades e participante. A continuación, os participantes desprazaranse a Seivane, onde na casa natal do poeta se desvelará unha praca conmemorativa e fará uso da palabra Luís González Tosar, presidente do PEN Galicia.

De regreso a Abadín, ás 20:00 horas comezará un acto literario nas instalacións do CEIP Aquilino Iglesia Alvariño, no que intervirán os escritores Luís González Tosar, Santiago Fernández Rocha, Xosé Miranda e Luciano Rodríguez, e Anxo Lorenzo (secretario Xeral de Política Lingüística) e Francisco López Barxas (director Xeral de Cultura).

Aos asistentes ao acto, faráselle entrega do libro O po dos días. Introdución temática á poesía de Aquilino Iglesia Alvariño da autoría de Luciano Rodríguez. Agasallo do Concello de Abadín e da Secretaría Xeral de Política Lingüística.

Advertisements

Etiquetas: , , , , , , , , , , ,

Unha resposta to “Aquilino Iglesia Alvariño, 12 de xuño, celebración en Abadín do centenario do seu nacemento”

  1. Brétemas » Aquilino Iglesia Alvarino, hoxe centenario do seu nacemento Says:

    […] cremos que de El Progreso, repararon na noticia). Hoxe viaxaremos a Abadín para participar nos actos de homenaxe e na presentación do libro O po dos días. Introdución á temática da poesía de Aquilino […]

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s


%d bloggers like this: