“Pingueiras e tarteiras” de Teresa González Costa presentación no Grove

Esta semana chega ás librarías Pingueiras e tarteiras, a peza de Teresa González Costa gañadora do IIIº Premio Manuel María de literatura dramática infantil.

XG00157101No Castelo Grisallo todo é gris: desde o maimiño da raíña Otilia ata a súa cunca de porcelana inglesa. E tamén chove moito. A Súa Maxestade xa está cansa de colocar tarteiras debaixo das pingueiras. Pero un día chegan pola porta os catro membros do Circo do Paraugas: Chapeu Torto, o director-capitán; Culleriña, a funambulista-tripulante; Pelo Teso, o mimo-tripulante e Zapatóns, o pallaso-tripulante. Na sala do Castelo Grisallo, onde todos os días eran iguais, os membros do Circo do Paragugas coas súas brincadeira e xogos rematarán co soberano aburrimento. Pouco a pouco os membros desta compañía de circo -que outrora fora esplendorosa- daranlle cor a tanta monotonía. E farán que a mesma choiva soe a música: a música das pingueiras nas tarteiras.

Pingueiras e tarteiras de Teresa González Costa, a peza gañadora do IIIº Premio Manuel María de Literatura Dramática Infantil, foi definida no ditame do xurado como unha “apoloxía da ledicia e da fantasía que ofrece unha visión atípica e desmitificadora de personaxes arquetípicos”. Unha obra que recorre a xogos de palabras para contar como a chegada dunha compañía de circo cambia a vida gris dun castelo. Esta primeira edición de Xerais e AGADIC foi ilustrada por Rodrigo Chao.

Pingueiras e tarteiras, así como Sempre quixen bailar un tango, tamén da autora, gañadora do Premio Álvaro Cunqueiro de literatura dramática 2008, presentarase o vindeiro sábado, 13 de xuño, ás 19,30 na Festa das Letras e do libro, que se celebrará na Praza de Arriba do concello do Grove e na que  a concellaría de Cultura do Grove  homenaxeará á autora.

Advertisements

Etiquetas: , , , , ,

2 Respostas to ““Pingueiras e tarteiras” de Teresa González Costa presentación no Grove”

  1. conchita ximenez escudero Says:

    No sé si te felicité por tus éxitos el día que nos conocimos en La Festa de las Letras, si me pasó, ¡felicidades! Ha sido un honor conocerte

  2. carlos Says:

    Estou moi ledo polos teus éxitos literarios. Merquei en Couceiro hai un par de anos Alén das Brumas e pareceume moi bo libro. Ademais Eloísa é un personaxe moi ben construído. Sabía que ao final o teu talento e intelixencia tiñan que ser recoñecidos. Non puiden estar na festa das letras, pero teríame gustado saudarte despois de tanto tempo.
    Editar en xerais é o que calquera autor ou autora lle presta. Teño ganas de ler esta

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s


%d bloggers like this: