Xerais publicará catorce novidades ao longo deste mes de xuño.
Na colección Xerais Narrativa aparecerán as novelas A vida do outro de Carlos Reigosa, Premio Torrente Ballester 2008 da Deputación Provincial da Coruña; Monte Louro de Luís Rei Núñez, Premio Blanco Amor 2009; e Pirata de María Reimóndez. Títulos, ambos os tres, que estarán nas librarías durante a primeira quincena do mes.
Na colección Xerais Crónica publicarase Cartas de republicanos galegos condenados a morte (1936-1948) de Xesús Alonso Montero.
Na Biblioteca Dramática Galega, coeditada con AGADIC, publícase Pingueiras e tarteiras, peza de Teresa Gonzaléz Costa gañadora do IIIº Premio Manuel María Literatura Dramática Infantil, ilustrada por Rodrigo Chao.
Na colección Fóra de Xogo aparecerá a novela Sansón Troleyro de Enrique Vázquez Pita e o poemario Makinaria de Carlos Negro.
Na colección Sopa de Libros Andanzas de Xan Farrapeiro de Ramón Caride, ilustrado por Marisa Irimia, e Lúa do Senegal de Agustín Fernández Paz, ilsutrado por Marina Seoane.
Na colección Xerais Universitaria publicarase O po dos días. Introdución temática á poesía de Aquilino Iglesia Alvariño de Luciano Rodríguez Gómez, libro que aparecerá coincidindo co cen aniversario do nacemento do poeta de Seivane o 12 de xuño de 1909; e Prostitución. clientes e outros homes. Análise sociolóxica das ideoloxías masculinas en Galicia de Águeda Gómez Suárez e Silvia Pérez Freire.
Por último, publicarase o volume que recolle as obras gañadoras dos Premio 2008 de relato, poesía e tradución da Universidade de Vigo e os Cadernos do Profesorado de Primaria e Secundaria para o vindeiro curso 2009/2010.
Etiquetas: andanzas_de_xan_farrapeiro, aquilino_iglesia_alvariño, a_vida_do_outro, águeda_gómez_suárez, caderno_do_profesorado, caderno_do_profesorado_de_educación_primaria, carlos_negro, carlos_reigosa, cartas_de_republicanos_galegos_condenados_a_morte, enrique_vázquez_pita, fernández_paz, lúa_do_senegal, luís_rei_núñez, luciano_rodríguez_gómez, makinaria, maría_reimóndez, marina_seoane, marisa_irimia, monte_louro, novela, o_po_dos_días, pingueiras_e_tarteiras, pirata, premio_blanco_amor, premio_manuel_maría, premio_torrente_ballester, prostitución, ramón_caride, rodrigo_chao, sansón_troleyro, silvia_pérez_freire, teresa_gonzález_costa, xesús_alonso_montero
Deixar unha resposta