“Lúa do Senegal”, novo libro de Agustín Fernández Paz

Acaba de entrar no almacén Lúa do Senegal, o novo libro de Agustín Fernández Paz, ilustrado por Marina Seoane. Publicada na colección Sopa de Libros, na serie de 10 anos en diante, esta é a primeira novela publicada por Fernández Paz, tras a obtención do Premio Nacional de Literatura Infantil. Lúa do Senegal será publicada no vindeiro outono en castelán por Anaya Infantil y Juvenil e en catalán por Barcanova. Lúa do Senegal chegará ás librarías galegas a partir do día 8 de xuño.

XG00165701Khoedi, unha nena de dez anos, ten que deixar a súa casa de Casamence, unha rexión ao sur do Senegal, para instalarse en Vigo, a cidade onde o seu pai xa leva varios anos emigrado. Na nova terra, a vida é dura para Khoedi: non coñece a ninguén e todo lle resulta diferente. Está en Europa, mais a súa cabeza e o seu corazón continúan en África. O único lazo entre a nova realidade e o mundo que deixou atrás é a Lúa que brilla no ceo polas noites, que serve, ademais, para marcar o paso do tempo.

Lúa do Senegal, a primeira novela que Agustín Fernández Paz publica tras a obtención do Premio Nacional de Literatura Infantil, aborda o tema da emigración, ese drama que supón abandonar o propio país e marchar a outro para poder traballar e vivir con dignidade. E para falar do desarraigamento e do conflito emocional que supón ter que comezar desde cero nun lugar do que nada se coñece, Fernández Paz decidiu facelo a través dunha nena que conta en primeira persoa as dificultades que atopa e a súa loita por entender o que para ela é un novo mundo. Mais Khoedi é unha contadora de historias. Foi a súa avoa a persoa que lle aprendeu esa arte, ese gusto por inventar historias e contalas en voz alta.

Lúa do Senegal foi ilustrado por Marina Seoane quen conseguiu adentrarse na alma da protagonista, poñerlle rostro ao resto dos protagonistas e reflectir as paisaxes de dous mundos tan diferentes.

Etiquetas: , , , , , , ,

Unha resposta to ““Lúa do Senegal”, novo libro de Agustín Fernández Paz”

  1. Agustín Fernández Paz, entrevista en «La Voz de Galicia» « Xerais blog Says:

    […] de Vilalba, que será o mantedor literario do Premio Xerais 2009, fala con Begoña Sotelino sobre Lúa do Senegal, o seu libro máis […]

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s


A %d blogueros les gusta esto: