Finalistas dos Premios Xerais 2009

Reunido, hoxe 29 de maio, no castelo de Soutomaior, o xurado da XXVI edición do Premio Xerais de Novela, dotado con 25.000 euros e no que participaron corenta e cinco obras,  formado por Ana Bande Bande (bibliotecaria), César Lorenzo Gil (xornalista), Paz Raña Lama (profesora), Sonia Díaz (xornalista), Bieito Legaspi (profesor e membro de Espazo Lectura) e Fran Alonso, secretario do xurado en representación de Xerais, con voz e sen voto, acordou declarar finalistas as obras presentadas baixo os lemas «A soidade dos leóns», «Dinara», «Limiar da conciencia» e «O retorno das aves».

Pola súa banda, o xurado da IV edición do Premio Fundación Caixa Galicia de literatura xuvenil, dotado con 10.000 euros e no que participan dezanove obras,  formado por Verónica Rego (en representación da Fundación Caixagalicia), Mónica Góñez (profesora e escritora), Pilar Ponte Patiño (profesora), Alba González Méndez (estudante de 4ª da ESO, IES Os Rosais de Vigo), Amanda Bouzada Novoa (estudante de 4º da ESO do IES Os Rosais de Vigo) e Xosé Manuel Moó Pedrosa, secretario do xurado, en representación de Xerais, con voz e sen voto, acordou declarar como finalistas as obras presentadas baixo os lemas: «Ás de bolboreta», «Dragal» e «Quiromántico».

O xurado da XXIV edición do Premio Merlín de literatura infantil, dotado con 10.000 euros e no que participan vinte e catro obras, formado por Rosana Estévez (contacontos e membro de Espazo Lectura), Santiago Gutiérrez (ilustrador), Mercedes Pacheco (tradutora), Mª Xesús Pereiro (escritora infantil e profesora), Xan Guillén  Vázquez (profesor e coordinador do Premio Literario Frei Martín Sarmiento) e Helena Pérez Fernández, secretaria do xurado, en representación de Xerais, con voz e sen voto, acordou declarar como finalistas as obras presentadas baixo os lemas: «Papude», «Secundario» e «Septempunctata».

O fallo de cada un dos premios darase a coñecer no serán do sábado, 6 de xuño, no acto literario que terá lugar na illa de San Simón.

Advertisements

Etiquetas:

2 Respostas to “Finalistas dos Premios Xerais 2009”

  1. Brétemas » Finalistas dos Premios Xerais 2009 Says:

    […] hoxe 29 de maio, no castelo de Soutomaior, o xurado da XXVI edición do Premio Xerais de Novela, dotado con 25.000 euros e no que participaron corenta e cinco obras,  formado por Ana Bande Bande […]

  2. Umbral de conciencia (I) | deContado Says:

    […] de conciencia’ que espero publicar en breve, tamén en formato dixital. Foi finalista do Premio Xerais Narrativa 2009 e do Premio García Barros ‘Ken […]

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s


%d bloggers like this: