Hoxe no programa Libro Aberto da TVG, que se emite hoxe ás 0:45 horas e que tamén se poderá ver na G-2 (TDT) o luns 25 ás 23:30 horas, inclúese contidos referidas aos recentes lanzamentos de Xerais.
Ao comezo do programa, que se gravou nas instalacións da Fundación 10 de marozo, entrevístase a Xosé Fernández Ferreiro, con motivo da aparición da súa décimo sexta novela, Tempo de centeo.
Despois abórdanse as etapas dun proceso de edición con motivo da publicación de Do orixinal ao libro. Manual de edición, obra de Juan L. Blanco Valdés que analiza este proceso e fixa, por primeira vez en galego, os termos propios da edición técnica.
Despois, o condutor do programa falará co escritor Xosé Francisco Fernández Naval, sobre o seu último libro Para Seguir Bailando, un conxunto de dez relatos nos que aborda temas como o abandono do medio rural, a corrupción, a memoria ou o abuso exercido sobre a muller.
Por último, na sección de crítica, Isabel Soto analizará a obra Quen matou a Inmaculada de Silva? de Marina Mayoral. Neste libro xuvenil aparece, como noutras obras da escritora mindoniense, o espazo imaxinario e simbólico de Brétema.
Etiquetas: do_orixinal_ao_libro, francis, juan_blanco_valdés, libro_aberto, marina_mayoral, novela, para_seguir_bailando, quen_matou_a_inmaculada_de_silva?, relatos, tempo_de_centeo, tvg, xosé_fernández_ferreiro
Deixar unha resposta