Dorinda Castro Soliño publica hoxe no «Faro da Cultura» a que cremos constitúe a primeira crítica aparecida sobre a tradución galega de Emma Lazare d’ O derradeiro irmán, a novela de Nathacha Appanah. Dorinda Castro salienta que esta novela constitúe «unha moi recomendable lectura para calquera público pola conmovedora historia que nos narra e pola linguaxe tenra, sinxela e poética coa que esta contada»; e remata definindo O derradeiro irmán como «unha pequena historia xurdida das entrañas da Historia, con maiúsculas esa que non conta os dramas, as feridas, as cicatrices dos pobres da Terra».
Etiquetas: dorinda_castro_soliño, emma_lázare, faro_da_cultura, natha, novela, o_derradeiro_irmán
Deixar unha resposta