Xabier DoCampo e Marcos Calveiro recibiron onte á noite no Carballiño os premios «Irmandade do libro» 2009 outorgados pola Federación de Libreiros de Galicia. Xabier DoCampo foi recoñecido na categoría de «autor do ano 2008» e Marcos Calveiro na de «libro do ano 2008» pola súa novela Festina lente que recibe o seu primeiro recoñecemento. Tamén foron premiados Alvarellos editora, na categoría de «obra editorial 2008»; as bibliotecas públicas de Oleiros, na de fomento da lectura; o IES Blanco Amor de Ourense, na de centros educativos; a Asociación Cultural Rosalía de Castro, na de institucións e Andel do libro galego e portugués, na de librarías. Os nosos parabéns para a Federación de Libreiros e para todos os premiados.
Etiquetas: calveiro, federación_de_libreiros_de_galicia, festina_lente, xabier_docampo
Deixar unha resposta