Conexión Tubinga de Alberto Canal e O xardín das pedras flotantes de Manuel Lourenzo González, novelas ambas as dúas editadaspola editorial (finalistas e gañadora, respectivamente, do premio Xerais 2008), xunto con Memoria das cidades sen luz de Inma López Silva son as tres obras declaradas finalistas da XVª edición do premio Arcebispo Juan de San Clemente na categoría de mellor novela galega. As tres novelas serán valoradas por un xurado de lectores e lectoras que cursan 2º de bacharelato en diversos centros de Galicia.
Etiquetas: alberto_canal, conexión_tubinga, inma_lópez_silva, manuel_lourenzo_gonzález, novela, o_xardín_das_pedras_flotantes, premio_san_clemente
Deixar unha resposta