Mañá, 12 de marzo, a partir das sete da tarde, María Reimóndez recibirá o XIII premio literario Juan de San Clemente na categoría de novela en lingua galega por O club da calceta. Este premio é outorgado por un xurado de lectores e lectoras, alumnos de 2º de Bacharelato de diversos institutos de Galicia. Os nosos parabéns para María Reimóndez que estes días corrixe probas de Pirata, a súa nova novela que aparecerá no vindeiro mes de marzo.
Etiquetas: maría_reimóndez, o_club_da_calceta, pirata, premio_juan_de_san_clemente
Marzo 18, 2009 ás 10:30 pm |
[…] blog Trafegando Ronseis recollemos o texto íntegro da intervención de María Reimóndez na recollida do Premio Arcebispo Juan de San Clemente que obtivo por O Club da calceta. Din que o bater das ás dunha bolboreta pode afectar o clima. Hai […]