Santiago Lopo debuta no catálogo de Xerais Narrativa con Peaxes, unha novela breve protagonizada por un caixeiro de peaxe da autoestrada. Peaxes chegará ás librarías a vindeira semana.
Desde a súa ventá ao mundo, un caixeiro de peaxe da autoestrada bota unha ollada ás fraccións de vidas que se cruzan con el acotío. Esas instantáneas compoñen unha colaxe que lle axuda a fuxir da soidade. A partir destes encontros fugaces, ceiba a súa imaxinación e crea un universo ao ritmo da música que sae dos nosos vehículos cando baixamos a xanela para pagar, un planeta movido por anacos de conversas que desaparecen a cen quilómetros por hora. Desde a cabina, o narrador obsérvanos, temeroso de mergullarse na nosa rutina, mais contento de que rompamos a súa. Os usuarios da autoestrada erixímonos en protagonistas dun relato áxil que acelera nas curvas perigosas.
En Peaxes conflúen todas as Galicias existentes e as imaxinadas, demostrando que realidade e ficción comparten a miúdo o noso destino. Unha novela breve, coa que Santiago Lopo debuta no catálogo de Xerais, que fará gozar a lectores e lectoras.
Foto cuberta: Manuel G. Vicente.
Etiquetas: novela, peaxes, santiago_lopo
Marzo 9, 2009 ás 10:03 pm |
Paréceme que a novela ten un argumento do máis inovador; espero que sexa tan áxil, entretida e inmpredecíbel como “Game Over” a súa novela anterior.
Marzo 10, 2009 ás 11:51 am |
Ardo en desexos de leela. Para cando a presentación?.
Marzo 10, 2009 ás 12:06 pm |
Xa a venda en librarías. Anunciaremos decontado a data e lugar da presentación.
Marzo 11, 2009 ás 1:07 am |
Idea moi orixinal e atractiva, porque:
¿Quen non pensou algunha vez cómo é traballar nunha peaxe?
¿Quen non desexou algunha vez ter unha historia de amor na cabina?
Marzo 18, 2009 ás 11:09 am |
Un soplo de frescura, una novela original e inteligente que engancha desde la primera línea.
¿Quién no se ha cruzado al ir a trabajar con una misma persona durante meses? ¿No has acabado preguntándote cómo se llama y a dónde irá? Posiblemente si te lo encontraras en otro lugar y a distinta hora hasta le saludarías sin saber porqué, Santiago Lopo nos recuerda que la vida hay que sentirla y saborearla a cada instante, allí es donde reside su magia.
Abril 11, 2009 ás 11:57 am |
[…] como pasan as cousas tócame ler Peaxes, de Santiago Lopo, novela breve que edita Xerais. Xa empecei esta bitácora escrita nos tempos […]
Abril 18, 2010 ás 8:59 pm |
É boa, of course!