As pezas presentadas baixo os lemas «Peter Buckley», «Servizo de Información» e «Xou mas gou on» son as finalistas da terceira edición do Premio “Diario Cultural” de Teatro Radiofónico. Así o decidiu o xurado reunido esta mañá nas instalacións da Radio Galega. O director e actor Cándido Pazó encargarase agora da adaptación das tres obras finalistas que se emitirán en diversos espazos da RG durante o mes de marzo e serán publicadas por Xerais.
Etiquetas: cándido_pazó, radio_galega, teatro_radiofónico
Deixar unha resposta