O día 6 de febreiro celebrarase en Vigo o Acto de Homenaxe Nacional a X.L. Méndez Ferrín, con motivo do seu 70 aniversario e da presentación do libro A semente da nación soñada. Homenaxe a X.L. Méndez Ferrín, coeditado por Sotelo Blanco e Xerais. O acto, que se realizará no Auditorio do Centro Social Caixanova de Vigo (rúa de Policarpo Sanz, 26), comezará as 20:00 horas. Entrada libre.
Unha vez finalizado o acto de homenaxe, a partir das 22:00 horas celebrarase unha cea no Pazo Os Escudos, en Alcabre, Vigo. As persoas interesadas en participar na cea deberán ingresar 35€ (trinta e cinco euros) por cuberto na conta de Caixanova número 2080 0065 36 0000388555, antes do 30 de xaneiro de 2009. Para poder acceder á cea é imprescindible a presentación na porta do restaurante do xustificante de ingreso.
Etiquetas: a_semente_da_nación_soñada, ferrín, vigo
Febreiro 1, 2009 ás 12:17 pm |
[…] publica nas páxinas de Faro de Vigo unha longa entrevista con X.L. Méndez Ferrín, con motivo da homenaxe nacional que se lle renderá en Vigo o vindeiro venres, 6 de febreiro, acto no que se presentará, tamén, o libro A semente da nación soñada. Homenaxe a X.L. Méndez […]
Febreiro 1, 2009 ás 8:16 pm |
[…] por romanlandin on Febreiro 1, 2009 Con motivo da homenaxe nacional a Xosé Luís Méndez Ferrín, recupero o poema “Intifada” que, aínda que foi […]
Febreiro 2, 2009 ás 9:28 am |
[…] 6 de febreiro, a partir das oito da tarde, no auditorio do Centro Social Caixanova, no seo do acto de homenaxe nacional a X.L. Méndez Ferrín. A obra, coeditada por Sotelo Blanco e Xerais chega ás librarías esta […]
Febreiro 5, 2009 ás 11:56 am |
Ferrín é o mellor.
Febreiro 6, 2009 ás 10:40 am |
[…] o día de X.L. Méndez Ferrín By xerais A nova da homenaxe que recibirá hoxe venres a partir da 20:00h en Vigo X.L. Méndez Ferrín polo seu septuaxésimo […]
Febreiro 7, 2009 ás 1:28 pm |
1.000 primaveras máis para Mendez Ferrín