«Guía das plantas de Galicia», presentación en Gondomar

O vindeiro xoves, 22 de xaneiro, presentarase en Gondomar a Guia das plantas de Galicia de Xosé Ramón García. O acto organizado polo Instituto de Estudos Miñoranos, encadrado no seu ciclo «Queremos tanto os libros», terá lugar ás 20:30 horas na sede do IEM (Avenida da Feira 10, baixo). A presentación do autor correrá a cargo de Xilberte Mando de la Torre.

xg00131401A Guía das Plantas de Galicia, do prestixioso botánico Xosé Ramón García, é un instrumento imprescindible para o coñecemento básico da actual flora do noso país. A partir dunha terminoloxía sinxela, permítenos a determinación polo miúdo das especies que os estudosos e afeccionados poden atopar nas saídas ao campo ou nos paseos polo seu contorno.

O libro comeza cunha introdución xeral na que se trata da recolección, preparación e conservación das plantas, nomenclatura botánica, posibilidades de internet e xeoloxía de Galicia. Inclúese normativa legal sobre protección dos hábitats naturais, o Catálogo galego de especies ameazadas e o Rexistro de especies de interese galego. Logo, aborda a obra as claves dicotómicas que permiten a determinación ata o nivel de especie, para entrar nas fichas descritivas das familias e nas 1.386 especies (a maior parte das que aparecen en Galicia), indicándose o nome considerado correcto, sinónimos, nomes populares en galego e castelán, descrición –con especial atención ás características que teñen valor diferencial–, hábitats máis habituais e época de floración.

A Guía das Plantas de Galicia contén, ademais, máis de 1.000 fotografías que ilustran o aspecto xeral da planta ou aspectos relevantes para a súa identificación, así como debuxos nos casos en que se considera oportuno. Esta obra monumental remata cun vocabulario en que se glosan os termos empregados.

Advertisements

Etiquetas: , , , ,

Unha resposta to “«Guía das plantas de Galicia», presentación en Gondomar”

  1. «Guía das plantas de Galicia» « Xerais blog Says:

    […] das plantas de Galicia» By xerais Onte foi presentada en Gondomar, no marco do ciclo «Queremos tanto aos libros» do IEM, a Guía das plantas de Galicia de Xosé […]

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s


%d bloggers like this: