«Nin che conto», presentación de Eyré

Xosé Manuel Eyré presentou onte á noite no seu blog Nin che conto. Para coñecer e gozar da micronarrativa. Reproducimos o texto da anotación moi interesante para coñecer as intencións do autor:

Como se anuncia no blog de Xerais, teremos Nin che conto no remate deste mes. Nin che conto sairá na colección Materiais, mais elles un libro dificilmente clasificábel. Dou un repaso ao máis substancial que sobre a teoría da Literatura Mínima ( ou hiperbreve, ou…) saíu á luz. Detéñome no canon que, a nivel internacional, se vén repetindo como tal, procuro fundamentalmente microcontos, pero non renuncio a calquera outra manifestación. E logo fago o mesmo co galego, o que é, case, dicir que percorro a historia do microconto galego, sen renunciar a outras manifestacións hiperbreves. Na parte relativa ao canon internacional, na marxe inferior, logo da zona de silencio ou transición, para desmecanizar o acto lector, dispuxen unha serie de textos que animan, aconsellan, provocan, guían a lectura. E, na parte galega, son provocacións á escrita. Algunhas delas son das mellores microficcións que escribín nunca, curiosas, curiosa tipoloxía de textos, verán, nas que trata de que o lector se familiarice coas prácticas escriturais mínimas, con algunhas, porque son moitísimas.

Que o gocen. Que o gocedes. Para min, escribilo foi unha auténtica gozada. Paixón tan intensa que me levou a sentir ben preto o alento do lector. Se cadra, de aí tamén que non renunciara a creación propia.

Vou dicir que con el celebro vinte anos de exercicio crítico, aínda que non o fixen con esa intención.

E vou tendo algunhas ideas para presentalo. Por suposto, se son realizábeis esta sideas, non serán nada convencionais.

Advertisements

Etiquetas: , ,

Unha resposta to “«Nin che conto», presentación de Eyré”

  1. ferradura en tránsito » Manoel Riveiro Loureiro Says:

    […] Do Manoel é este precioso e enigmático microconto, que presentou á primeira edición, recollín do libro editado por Alen-parte e o outro día mentado, e lembro no Nin che conto. […]

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s


%d bloggers like this: