Xosé Manuel Eyré, libro sobre micronarrativa

Xosé Manuel Eyré é autor de Nin che conto. Para coñecer e gozar da micronarrativa, un libro para achegarse a unhas das manifestacións literarias que máis interese están concitando nos últimos anos. O libro chegará ás librarías galegas na derradeira semana deste mes de xaneiro.

xg00163401Nin che conto do crítico e profesor Xosé Manuel Eyré é unha obra que busca a caracterización e definición da micronarrativa, unha das manifestacións literarias que máis expectativa está creando no comezo deste século e que está a provocar a remodelación do sistema narrativo e mesmo de todo o sistema literario. Este tipo de discursos son un exercicio de exquisita pureza, porque na brevidade o xenuinamente literario brilla con luz propia ao non haber ao seu redor un mar de palabras que o difuminen. Pero para conseguir descifrar o seu código, os microtextos precisan dun lector específico, capaz de representar na súa mente todo o que non figura por escrito, de aí a importancia que se lle concede neste estudo á actitude dinámica, activa, creativa e lúdica dos lectores e lectoras. Ademais de realizar un percorrido polos textos breves canónicos da literatura universal, en Nin che conto ofréceselle un extenso espazo aos autores e textos máis representativos da micronarrativa galega.

x_m_eyre_baixaXosé Manuel Eyré (Laxe, Chantada, 1960) é licenciado en Filoloxía Galego-portuguesa e desde o ano 1988 traballa como crítico literario no semanario A Nosa Terra, con especial atención á narrativa. Dura-te a década de 1990 dedicoulle moito tempo á divulgación e dinamización cultural das terras de Chantada. Froito diso foron as colaboracións nas revistas Achantada e Alem-parte (2ª época) e a coautoría (con Xosé M. Vélez e María Olga Varela) dun libro sobre a figura e a obra do cura poeta Avelino Gómez Ledo. Particip-u na creación e coordinación da 1ª edición do Certame Mundanal de Contos Ultralixeiros, primeiro premio literario de micronarrativa xurdido en Galicia. Tamén nesta década colaborou como autor na Historia da Literatura Galega promovida por ANT e ASPG, co fascículo relativo á historia da narrativa actual e dúas antoloxías. O labor que desenvolve como crítico literario mereceu, no ano 2004, o Premio á  Colaboración Editorial que concede Edicións Xerais de Galicia. En 2005, saíu á luz Constelación de Ío, a súa primeira achega narrativa á literatura de ficción e en 2009 Nin che conto. Para coñecer e gozar da micronarrativa (Xerais). Mantén aberto o blog Ferradura en tránsito.

Advertisements

Etiquetas: , ,

3 Respostas to “Xosé Manuel Eyré, libro sobre micronarrativa”

  1. «Nin che conto», presentación de Eyré « Xerais blog Says:

    […] presentación de Eyré By xerais Xosé Manuel Eyré presentou onte á noite no seu blog Nin che conto. Para coñecer e gozar da micronarrativa. Reproducimos o texto da anotación moi interesante para coñecer as intencións do autor: Como se […]

  2. ferradura en tránsito » crónica de San Simón Says:

    […] puiden saudar a Xosé Manuel Moo, editor do Nin che conto e, xa a pouco de chegar, a César Lórenzo, que me fará unha entrevista para A Nosa Terra co gallo […]

  3. ferradura en tránsito » ambulatoria ficcional das vinte primeiras páxinas Says:

    […] A vida do outro, e de aí a Nin che conto e á bandeira […]

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s


%d bloggers like this: