«O Globo de Shakespeare», Jaureguizar en Ribadeo

Reproducimos a anotación que Jaureguizar publica no seu blog sobre a presentación d’ O Globo de Shakespeare na Casa das Letras de Ribadeo.

A presentación d’O globo de Shakespeare o pasado sábado en Ribadeo foi emocionante. A Casa das Letras encheuse de xente malia a friaxe e o Barça. Farruco Graña presentoume no nome da Asociación Cultural Francisco Lanza, que promoveu o acto, algo que eu agradezo porque non é habitual que te chamen do teu pobo senón é por unha factura impagada do gas. Farruco emocionoume pedindo que algún día un globo sobrevoase a ría de Ribadeo, como acontece na novela. Logo veu un diálogo con Gonzalo Moure, sobre o que sempre lamento que deixase o periodismo para vivir de cuestións máis importantes. Optamos pola fórmula do diálogo porque me irrita escoitar a un tipo falando estupendamente dun libro meu dado que non podo evitar pensar en que todos os defectos que está calando, e porque é unha fórmula máis áxil e divertida para o público. Gonzalo foi ao cerne da novela con todo o acerto do bo xornalista que non deixou de ser: o espectáculo, o pop, o traballo de personaxes, a dobre lectura (entre a tona de intriga e a mar tendida da condición humana). Jaureguizar

Advertisements

Etiquetas: , , , , , ,

Unha resposta to “«O Globo de Shakespeare», Jaureguizar en Ribadeo”

  1. ferradura en tránsito » O globo de Shakespeare Says:

    […] porque son dúas novelas premiadas, si, hai moitos paralelismos entre a novela de Jaureguizar e Shakespeare destilado de Constela Doce. Levo, lido, un terzo da novela, e, de […]

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s


%d bloggers like this: