No suplemento «Culturas» de La Voz de Galicia, Ánxela Bugallo, conselleira de Cultura recomenda Arraianos de Xosé Lúis Méndez Ferrín como libro para agasallar estes días:
Para agasallar, para compartir, é este bo momento de volver a Xosé Luís Méndez Ferrín, unha das figuras máis sólidas da nosa historia literaria. Reler, poño por caso, Arraianos, fainos de novo gozar cunha escrita sólida, cunha narrativa con selo propio e tamén, como non, coa grande riqueza da nosa lingua, cando remata o ano no que foi galardoado coa primeira edición do Premio Nacional de Literatura de Galicia. Ánxela Bugallo
Etiquetas: arraianos, ánxela_bugallo, culturas, ferrín, la_voz_de_galicia
Deixar unha resposta