Continuando coa campaña «Voces á orella», organizada por Xerais e a Secretaría Xeral de Política Lingüística, o espectáculo Remoldiño vai á feira chegou a Gondomar xestionado por Espazo Lectura. Este espectáculo, baseado no libro homónimo de Xoán Cuba, ilustrado por Óscar Villán, interpretado polos actores Chus Álvarez e Antonio L. Rico, da compañía Casahamlet, chegou así as trinta representacións realizadas por todo o país. Os membros de Espazo Lectura gravaron estes magníficos vídeos.
Etiquetas: óscar_villán, casa_hamlet, espazo_lectura, gondomar, remoldiño_vai_á_feira, xoán_cuba
Deixar unha resposta