Manuel Rivas, entrevistado por «Vieiros»

0984288001227720125

Coincidindo coa aparición nas librarías d’ A corpo aberto, Manuel Rivas é entrevistado por Vieiros. Recollemos algúns fragmentos dun texto moi interesante:

xg001610012Por que é unha ollada ‘indie’?
Ben, é unha chiscadela. É un termo que se emprega máis na música ou no cinema, e non tanto na literatura, pero creo que define un espírito crítico e independente que lle viría ben ao xornalismo. A palabra remite tamén a unha relación irónica co que un fai. Eu tamén a ligo a un xornalismo indio, en referencia a unha tipoloxía xa vella dos escritores, de Philip Ravh, que opoñía aos ‘rostros pálidos’ os chamados ‘pel roxa’, aqueles que vivían na fronteira, que ían máis alá e que avanzaban cara ao descoñecido.
É máis importante ser moi visíbel nos grandes eventos, ou o traballo diario a través das universidades, as oficinas do libro, os axentes literarios…?
Todo é compatíbel, pero creo que o máis importante segue sendo tratar con respecto á literatura no propio país. Sería irreal esperar que os franceses, ou os fineses, ou os norteamericanos desen un trato destacado ás nosas obras se estas obras non teñen ese trato no propio país. Esa é a mellor maneira de proxectar a nosa literatura no exterior. Ti vas a Irlanda, ou a Islandia, e nos aeroporto xa podes atopar a súa literatura; aquí non sucede iso. En Galiza tampouco as obras galegas ocupan un lugar destacado nas bibliotecas, e nos medios de comunicación galegos a nosa literatura segue a ser algo exótico. Iso si, ás veces o coñecemento fóra dunha obra permite o se redescubrimento no interior.

Advertisements

Etiquetas: , , ,

Unha resposta to “Manuel Rivas, entrevistado por «Vieiros»”

  1. Manuel Rivas e Teresa Moure no «Diario Cultural» « Xerais blog Says:

    […] a entrevista que no Diario Cultural, emitido dende Cultur.gal o pasado venres, fixéronlle a Manuel Rivas e Teresa Moure arredor dos seus novos libros A corpo aberto e O natural é […]

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s


%d bloggers like this: