Últimos actos da campaña «Voces á orella»

Nesta semana rematan as actividades da campaña de animación lingüística dirixida á mocidade «Voces á orella», organizada pola Secretaría Xeral de Política Lingüística e Edicións Xerais de Galicia. Esta campaña, que se desenvolverá durante todo o mes de novembro, en máis de trinta bibliotecas, teatros, auditorios e centros culturais de localidades de toda Galicia, componse de tres espectáculos teatrais: «Remoldiño vai á feira» da compañía Casa Hamlet; «Os soños na gaiola» da compañía do Trinke Trinke e «O club da calceta» de Teatro do Morcego

En cada unha das representacións das tres pezas será entregado a todos asistentes un exemplar do libro de Xerais no que está baseado o espectáculo.

Calendario de representacións na semana do 24 ao 5 de decembro:

  • 24 de novembro, ás 10,30 h. e 11,30 h. Biblioteca Casa da Cultua de Boiro“Remoldiño vai á feira”
  • 25 de novembro, ás 10,30 h. e 11,30 h. Edificio A Senra en Bergondo “Remoldiño vai á feira”
  • 26 de novembro, ás 12,00 h. e 17,00 h. Espazo Lectura en Gondomar “Remoldiño vai á feira”
  • 27 de novembro, ás 10,30 h. e 11,30 h. Auditorio Quintela de Moaña “Remoldiño vai á feira”
  • 27 de novembro, ás 11,30 h. Teatro Pastor Díaz de Viveiro “O club da calceta”
  • 27 de novembro, ás 10,30h. e 12,30 h. Auditorio Municipal de Cangas “Os soños na gaiola”
  • 28 de novembro, ás 11,30 h. Teatro Pastor Díaz de Viveiro “O club da calceta”
  • 5 de decembro, ás 10,30 e 11,30 h. Auditorio centro de maiores de Castro Rivera de Lea “Remoldiño vai á feira”

Etiquetas: , ,

Unha resposta to “Últimos actos da campaña «Voces á orella»”

  1. «Remoldiño vai á feira» en Espazo lectura de Gondomar « Xerais blog Says:

    […] polos actores Chus Álvarez e Antonio L. Rico, da compañía Casahamlet, chegou así as trinta representacións realizadas por todo o país. Os membros de Espazo Lectura gravaron estes magníficos […]

Deixar un comentario