A vindeira semana aparecerá nas librarías Conexión Tubinga, a primeira novela de Alberto Canal, finalista do Premio Xerais 2008.
O padre Amador prohibiu a lectura do libro Existe Deus, de Hans Küng, no Seminario Divino Mestre de Ourense, unha obra na que se intenta demostrar racionalmente a existencia de Deus. Cales son os motivos desa prohibición? Tito Besteiro, un seminarista aspirante a sacerdote e admirador de Nietzsche, intenta desentrañar os motivos da prohibición, percorrendo un intrigante camiño que o levará á cidade alemá de Tubinga, onde perdura a historia do tradicional enfrontamento entre a Igrexa tradicionalista de Ratzinger e a vangardista de Küng. O castigo que sofre polo seu atrevemento ábreo á aventura do amor e axúdalle a superar a misoxinia que lle inculcaron, pero, ao tempo, pono en situación de ter que decidir sobre o seu futuro. Conexión Tubinga, a primeira novela que publica Alberto Canal, é unha intriga teolóxica que encerra a historia dun rapaz que trata de buscar a súa identidade e o sentido da vida nun ambiente de represión emocional e sexual. Esta novela foi a Finalista da XXV edición do Premio Xerais.
Etiquetas: alberto_canal, conexión_tubinga, hans_küng, novela
Decembro 16, 2008 ás 3:19 pm |
[…] cal foi a miña elección. Evidentemente non é un libro de Galaxia. Creo que me vou decidir pola Conexión Tubinga. Vou necesitar unha lectura que me ille. Paréceme, ademais, unha lectura moi para estes dáis nos […]
Decembro 26, 2008 ás 11:25 am |
[…] novela de Alberto Canal que este mércores enviei a A Nosa Terra. Son o primeiro e terceiro […]