O xoves, 6 de novembro, no Teatro Área Panorámica de Tui, ás 10:30 horas e 12:30 horas, dentro campaña de animación lingüística «Voces á orella», organizada pola Secretaría Xeral de Política Lingüística e Edicións Xerais de Galicia, haberá dúas representacións do espectáculo «Os soños na gaiola» da compañía do Trinke Trinke. Este espectáculo, dirixido a nenos e nenas de nove a catorce anos, constitúe unha homenaxe ao poeta Manuel María e ao cantautor Suso Vaamonde, que musicara os seus versos. Unha función na que, empregando a música e o xogo, se dan a coñecer parte dos poemas d’ Os soños na gaiola, libro senlleiro na lírica galega dedicada á infancia, publicado dentro da colección «Merlín» de Xerais.
Etiquetas: manuel_maría, os_soños_na_gaiola, trinke_trinke, tui
Deixar unha resposta