«Voces á orella», campaña de animación lingüística

O vindeiro luns, 3 de novembro, comezan as actividades da campaña de animación lingüística dirixida á mocidade «Voces á orella», organizada pola Secretaría Xeral de Política Lingüística e Edicións Xerais de Galicia. Esta campaña, que se desenvolverá durante todo o mes de novembro, en máis de trinta bibliotecas, teatros, auditorios e centros culturais de localidades de toda Galicia, componse de tres espectáculos teatrais: «Remoldiño vai á feira» da compañía Casa Hamlet; «Os soños na gaiola» da compañía do Trinke Trinke e «O club da calceta» de Teatro do Morcego.

REMOLDIÑO VAI Á FEIRA

Espectáculo da compañía Casa Hamlet de vinte minutos de duración, dirixido a nenos e nenas de tres a oito anos, constitúe unha adaptación de Manuel Lourenzo do conto homónimo de Xoán R. Cuba, ilustrado por Óscar Villán e editado por Xerais dentro da súa colección «Merliño».

Remoldiño nunca fora a Monterroso na vida, e quería ver a feira máis famosa de Galicia. Para viaxar argallou unha artimaña: subiu nunha bota dun tratante da montaña. Na feira estaba agardando un vello amigo de seu, o caracol don Rolando, que nesa vila naceu.

Na obra, dirixida por Paulo Serantes, participan os actores Chus Álvarez e Antonio L. Rico.

OS SOÑOS NA GAIOLA

Espectáculo da Compañía do Trinke Trinke, dirixido a nenos e nenas de nove a catorce anos, constitúe unha homenaxe ao poeta Manuel María e ao cantautor Suso Vaamonde, que musicara os seus versos. Unha función na que, empregando a música e o xogo, se dan a coñecer parte dos poemas d’ Os soños na gaiola, libro senlleiro na lírica galega dedicada á infancia, publicado dentro da colección «Merlín» de Xerais.

Un velliño procedente do mundo rural pasa os últimos días da súa vida vivindo nun piso dunha filla, en calquera cidade galega. Un día recibe a visita da súa neta, que é unha moza á que non ve desde hai anos. A través de distintos obxectos que o vello conserva nun baúl, e a través das poesías de Manuel María, avó e neta van lembrar a non tan lonxana vida na aldea.

O CLUB DA CALCETA

Peza teatral de unha hora de duración, representada por Teatro do Morcego, dirixida á mocidade de catorce anos en diante, constitúe unha adaptación da novela homónima de María Reimóndez publicada por Xerais na súa colección «Narrativa».

Seis mulleres moi diferentes estre si acoden a clases de calceta, un lugar onde converxen as súas frustracións pero, tamén, un lugar onde toman conciencia da súa situación e da necesidade de superala. A través dun espazo tan tradicionalmente feminino como a calceta, estas mulleres atopan no valor da unidade a forza para sobrepoñerse a un presente que as nega ou minusvalora. Desde a intriga á hilaridade, emerxe unha profunda reflexión e revisión sobre a condición feminina. Inspiradas na figura liberadora da tía Davinia, Matilde, Anxos, Rebeca, Elvira, Luz e Fernanda van facéndonos partícipes da súa historia desde un multiperspectivismo que desfai os fíos dunha sociedade machista.

En cada unha das representacións das tres pezas será entregado a todos asistentes un exemplar do libro de Xerais no que está baseado o espectáculo.

Advertisements

Etiquetas: , , , , , , , , , ,

2 Respostas to “«Voces á orella», campaña de animación lingüística”

  1. «Remoldiño vai á feira» en Cangas « Xerais blog Says:

    […] 3 de novembro, na Biblioteca de Cangas do Morrazo, dentro campaña de animación lingüística «Voces á orella», organizada pola Secretaría Xeral de Política Lingüística e Edicións Xerais de Galicia, […]

  2. «Remoldiño vai á feira» en Espazo lectura de Gondomar « Xerais blog Says:

    […] vai á feira» en Espazo lectura de Gondomar By xerais Continuando coa campaña «Voces á orella», organizada por Xerais e a Secretaría Xeral de Política Lingüística, o espectáculo Remoldiño […]

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s


%d bloggers like this: