Esta semana chega ás librarías O libro das viaxes imaxinarias, escrito por Xabier P. DoCampo e ilustrado por Xosé Cobás. A obra, froito da coedición de Anaya Infantil y Juvenil e Xerais, preséntase nun formato inusualmente esvelto (19,5 x 29), con encadernación acartonada e sobrecuberta, ademais de incluír un despregabre de oito páxinas. Na rede xa apareceron as primeiras referencias.
Etiquetas: o_libro_das_viaxes_imaxinarias, xabier_docampo, xosé_cobas
Novembro 5, 2008 ás 5:20 pm |
[…] escritor Xavier P. Docampo, o ilustrador Xosé Cobas e Edicións Xerais acaban de publicar O libro das viaxes imaxinaria, unha obra para ler, ver e mesmo agarimar. No programa de hoxe falamos con Xavier P. Docampo sobre […]
Decembro 7, 2008 ás 12:31 pm |
[…] Días perdidos. Na memoria de hoxe, xa o sei, que teña mañá, quedará a crónica da crítica de O libro das viaxes imaxinarias, que rematei de ler o xoves e ficou gardado nun maletín deica o domingo, día no qu epuiden volver […]
Decembro 10, 2008 ás 3:48 pm |
[…] un adianto da crítica deste precioso libro de Xabier P. Docampo e Xosé Cobas que hoxe mesmo enviei a A Nosa […]
Agosto 11, 2010 ás 10:14 am |
[…] Lembro moi ben que cando o defendín fronte a outros títulos, dixen que non estaba seguro de que aquilo fora unha novela, mais que contiña toneladas de literatura. E mantéñoo. Iso si, precisando que me refiro á concepción clásica de novela. Cada vez decántanse máis dous tipos de novela, complementarios e moi diferentes. Esa novela cada vez máis á clásica, moitas personaxes, conflitos diversificados, longa. E outro tipo de novela moito máis transxenérico, que nace nas marxes da prosa poética, que non ten un uso ou consumo mediato senón que aspira a roer durante moito tempo nas arestas neuronais lectoras, esixindo contínuas meditacións. Posiblemente esta sexa a novela característica do século XXI , tendo como punto intermedio por exemplo O libro das viaxes imaxinarias. […]
Agosto 2, 2012 ás 10:49 am |
[…] poden pasar acode á miña mente, ou, ademais do de Jacobo Fernández Serrano, o inesquecíbel O libro das viaxes imaxinarias de Xabier DoCampo. Vou quedar tamén só con dous […]