«De provincia a nación»: Premio Nacional de Ensaio 2008

Justo Beramendi foi galardoado co Premio Nacional de Ensaio 2008 polo seu libro De provincia a nación. Historia do Galeguismo Político, publicado por Xerais no pasado ano 2007.

De Provincia a nación. Historia do galeguismo político é unha investigación sistemática da natureza e evolución dos movementos sociopolíticos de reivindicación de Galicia como suxeito político de seu dende as súas primeiras manifestacións individuais no século XVIII até a actualidade. O tratamento do provincialismo, do rexurdimento e do rexionalismo do século XIX, e máis aínda do nacionalismo galego do século XX, faise cunha profundidade sen precedentes. Para a análise acaída das diferentes dimensións –a ideolóxica, a social, a organizativa, a electoral– e das súas interrelacións, o autor incorpora conceptos e modelos analíticos propios que implican unha notable innovación metodolóxica no eido do estudo do nacionalismo.

A obra de Beramendi leva acadado os máis importantes premios galegos:

Premio Irmandade do Libro. Mellor obra editorial do ano 2007 – Premio Asociación de Escritores en Lingua Galega (Ensaio), 2007 – Premio da Crítica Galicia (Investigación), 2008 – Premio Losada Diéguez (Investigación), 2008

Etiquetas: , , , ,

3 Respostas to “«De provincia a nación»: Premio Nacional de Ensaio 2008”

  1. Albito Says:

    Lera hai meses unha crítica de Elorza en El País na que paracía que en Madrid non gustara demasiado a obra, así que fico moi contento de que se premiase ao profesor Beramendi. Parabéns para el!
    Un alumno agradecido!

  2. «Visibilidade da nación galega», artigo de X. L. Méndez Ferrín no «Faro de Vigo» « Xerais blog Says:

    […] Cultura lle concedese dous dos premios nacionais a senllas obras escritas en galego: o de Ensaio a De provincia a nación: historia do galeguismo político, de Justo Beramendi, e o de Literatura Infantil e Xuvenil a O único que queda é o amor, de […]

  3. Catro obras de Xerais entre «O mellor do 2008» para «Culturas» « Xerais blog Says:

    […] O libro das viaxes imaxinarias de Xabier P. DoCampo e Xosé Cobas, Renacer de Xabier Paz e De provincia a nación. Historia do Galeguismo Político de Justo Beramendi, Premio Nacional de Ensaio […]

Deixa unha resposta a Albito Cancelar a resposta