«O libro das viaxes imaxinarias» de Xabier P. DoCampo e Xosé Cobas

Hoxe entrou no almacén un dos libros máis agardados do ano, O libro das viaxes imaxinarias escrito por Xabier P. DoCampo e ilustrado por Xosé Cobas. Chegará ás librarías a vindeira semana e será presentado 13 de novembro, ás 20:00 horas na Biblioteca Miguel González Garcés da Coruña. Un libro inusualmente fermoso de formato esvelto e páxinas despregables.

Este libro contén a transcrición de dous cadernos de viaxe carentes de data e de calquera información que permita coñecer a localización dos lugares visitados ou a identidade do seu autor. Cadernos nos que se recollen dous tipos de textos: descrición das cidades e reinos visitados e apuntamentos e debuxos que tomou o Viaxeiro, xunto con algún textos reflexivos máis íntimos.
«Todas as viaxes son un regreso. Calquera viaxeiro retornará á casa desde o momento mesmo en que puxo un pé fóra dela. Hai que volver para contar, para facer da viaxe relato. Viaxar é ir ao encontro do que nos emociona na súa contemplación e diante do que abandonamos todo desexo de posesión, porque o gozo está en recibírmolo de xeito gratuíto.» Así comeza este libro inusualmente fermoso de formato esvelto, que nos propón, coma fixera Calvino, unha viaxe por lugares imaxinarios, na que acompañaremos ao Viaxeiro percorrendo cidades, camiños, montañas e coñecendo as súas xentes. Cadernos de viaxe evocadores e poéticos que nos propoñen, tamén, unha viaxe ao interior de nós mesmos, que nos trasladan a mundos imaxinados reais e fantasiosos, uns relatos que nos invitan a gozar do pracer da lectura.

Advertisements

Etiquetas: , ,

Unha resposta to “«O libro das viaxes imaxinarias» de Xabier P. DoCampo e Xosé Cobas”

  1. «O libro das cidades imaxinarias», chega ás librarías « Xerais blog Says:

    […] libro das cidades imaxinarias», chega ás librarías Esta semana chega ás librarías O libro das cidades imaxinarias, escrito por Xabier P. DoCampo e ilustrado por Xosé Cobás. A […]

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s


%d bloggers like this: