O vindeiro xoves, día 9 de outubro, ás 20:30 horas realizarase na Librería Libraida de Gondomar (Rosalía de Castro 13) o acto de presentación do Dicionario de Fraseoloxía Galega de Carme López Taboada e María Rosario Soto Arias. No acto acompañará ás autoras Manuel Rico Verea, xefe do Gabinete de Normalización da Secretaría Xeral de Política Lingüística na Coruña. A presentación forma parte do programa do Instituto de Estudos Miñoranos QUEREMOS TANTO OS LIBROS, entidade a quen Xerais agradece esta iniciativa de promoción do libro galego.
Etiquetas: carme_lópez_taboada, dicionario_fraseoloxía, libraida, maría_rosario_soto_arias
Deixar unha resposta