«Mal de escola», o novo Pennac en Xerais

Como xa anunciaramos hai dúas semanas a edición en galego de Mal de escola, o máis recente éxito de Daniel Pennac, está a piques de chegar ás librarías. Este encontro entre a autobiografía e o ensaio, Premio Renaudot 2007, foi traducido para o galego por Xavier Senín e Isabel Soto.

Daniel Pennac, na liña narrativa de Coma unha novela (Xerais 1993), aborda en Mal de escola a cuestión da escola e da educación dende o punto de vista dos malos alumnos. O autor, un dos máis celebrados das letras francesas contemporáneas, un pésimo estudante adolescente, estuda esta figura do folclore popular outorgándolle a nobleza que se merece e restituíndolle a carga de angustia e dolor que a acompaña. Mal de escola mestura as testemuñas autobiográficas (como estudante e profesor que exerceu a docencia durante vinte e cinco anos nun instituto de París) con reflexións sobre a pedagoxía e as disfuncións da institución escolar, o papel dos pais e da familia co papel da televisión e dos medios de comunicación actuais, a sede de aprendizaxe coa dor de ser un mal estudante, o sentimento de exclusión do alumno e o amor á ensinanza do profesor. Mal de escola, Premio Renaudot 2007, obra traducida ao galego por Xavier Senín Fernández e Isabel Soto López, é un fenómeno editorial en Francia capaz de reabrir, tamén en Galicia, un gran debate arredor das razóns do fracaso escolar e do estado e do futuro da educación pública.

Algúns documentos interesantes na rede sobre a aparición do libro: «Eu vivín o fracaso escolar», La Nación (entrevista); presentación en Italia (vídeo) e o coidadísimo espazo web do libro en Gallimard.

Etiquetas: , , ,

2 Respostas to “«Mal de escola», o novo Pennac en Xerais”

  1. días estranhos » Os lectores de Fervenzas Literarias elixen o mellor de 2008 Says:

    […] do ano: Xabier P. Docampo Mellor ilustrador/a do ano: Xosé Cobas Mellor portada adultos do ano: Mal de escola de Daniel Pennac (Edicións Xerais) Mellor portada infantil/xuvenil do ano: O libro das viaxes […]

  2. Fundación Apóutega » Blog Archive » Flamenco Says:

    […] Mal de escola, de Daniel Pennac, doazón de Carlos L. Grueiro […]

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s


A %d blogueros les gusta esto: