James Salter, entrevista en «Galiza hoxe»

Tras a súa exitosa conferencia en Stirling, o escritor escocés James Salter, autor dos relatos d’ A idade de auga, é entrevistado en Galicia hoxe. Recollemos tres parágrafos do texto:

James Salter naceu en Glasgow pero entre 1972 e 1977 viviu en Suráfrica, na granxa de piñas dos seus avós. Alí aprendeu a falar o khosa, a lingua natal daquela república. «En Suráfrica, os meus primos son bilingües en inglés e afrikáans, nun país no que existen como 20 linguas», conta. Pero para o escocés «se es dun lugar, tes que atopar as palabras para describir o que sentes senón serías un exiliado dentro do teu propio país». Por iso coida que, lonxe de polémicas, «o galego é a lingua de Galicia por unha cuestión moi simple: hai palabras que definen experiencias que teñen unha palabra específica nese idioma».

«Intento que sexa un proceso no que a fantasía irrompe dentro da realidade» nunha cidade marcada polo mar. «A parte da tradición de Vigo como porto, para min, a cidade está ancorada no mar, como se estivesemos flotando. É impresionante porque, á vez, cando miras o mar de Vigo, tamén estás mirando as Américas, a terra prometida para os emigrantes», apunta o escritor.

Despois de publicar A idade da auga, James Salter xa ten ren rematados dous borradores dunha novela nova de 400 páxinas que tamén ten que ver cun porto de mar. «O protagonista xoga ao tenis, algo que non ten moito que ver con Galicia porque non hai moitos campos de tenis…. por iso trasladei a historia á costa francesa. E tamén introducín recordos de Vigo, de cando os turistas baixaban dos barcos e se lanzaban a mercar cousas en avalancha…», conta. Para o autor, non resulta «incongruente» trasladar unha historia do Atlántico ó Mediterráneo. «Ó cabo, Vigo non é como Ferrol, que se parece máis a Escocia», apunta. Porén, a obra non está escrita en galego senón en inglés. «E aínda falta buscar unha editorial así que o levo con calma.»

Advertisements

Etiquetas: , , , ,

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s


%d bloggers like this: