Traducións de Xerais 2008

Hoxe con motivo do Día Internacional de Tradución, Valentín Arias López, un dos tradutores pioneiros na editorial, recibirá unha merecida homenaxe nun acto que se celebrará, ás 19:00 horas, no auditorio do centro sociocultural de Caixanova de Vigo.

Valentín Arias López naceu en Sarria en 1934. En 1969 comezou a traballar coa editorial Galaxia e posteriormente, a partir de 1980, con Edicións Xerais de Galicia, como autor dos primeiros libros educativos e tradutor dos títulos das primeiras coleccións xuvenís da editorial, especialmente de «Xabarín». Foi membro fundador en 1984 da Asociación de Tradutores Galegos, da que foi presidente. Traduce fundamentalmente do francés, do portugués e do español. En 1989 recibiu o premio Ramón Cabanillas de Tradución, e o Premio de Tradución Xuvenil do Ministerio de Cultura. Entre as súas moitas traducións atópanse as obras de Jules Verne A volta ao mundo en oitenta días, Viaxe ao centro da terra e Da Terra á Lúa, Voo de noite de Antoine de Saint-Exupéry, O estranxeiro de Albert Camus e A fractura do miocardio de Jacques Fansten. Tamén traballou no equipo que traduciu O enxeñoso fidalgo don Quixote da Mancha. Ademais publicou numerosos artigos sobre a tradución e a función do tradutor, en especial en países con linguas minorizadas.

Facemos un repaso das vinte e nove traducións publicadas por Xerais ao longo do ano 2008.

  • A idade da auga, James Salter, «Xerais Narrativa», relatos, inglés. Traducións de Gonzalo Navaza, María Reimóndez,  Dolores Martínez Torres e Ana Hermida Ruibal.
  • O segundo sexo Tomo I. Os feitos e os mitos, Simone de Beauvoir, «Xerais Ensaio», ensaio, francés. Tradución de Marga Rodríguez Marcuño.
  • Un barquiño coma min, Thomas Docherty, «Xerais Sopa de contos», álbum ilustrado, inglés. Tradución de Dolores Martínez Torres.
  • Negros e brancos, David Mckee, «Xerais Sopa de contos», álbum ilustrado, inglés. Tradución de Montserrat Paz.
  • A cidade e os días. Calendario Histórico de Vigo,  Xosé María Álvarez Blázquez, «Xerais GO»,  historia, español. Tradución de Manuel Bragado e Pablo Sánchez Mato.
  • Venres ou a vida salvaxe, Michel Tournier, «Xabaril», francés, novela. Tradución de Gustavo Luca de Tena.
  • Viaxe ao centro da da Terra, Jules Verne, «Xabaril», francés, novela. Traducion de Valentín Arias López.
  • A volta ao mundo en oitenta días, Jules Verne, «Xabaril», francés, novela. Tradución de Velntín Arias López.
  • A noite que Wendy aprendeu a voar, Jaume Martín, «Fóra de Xogo», catalán, novela. Tradución de Ignacio Chao Castro.
  • Os negocios do señor don Gato, Gianni Rodari, «Sopa de libros», italiano, relatos. Tradución de Silvia Gaspar.
  • A vida encaixa, Eugène, «Sopa de Libros», francés, novela. Tradución de Emma Lázare.
  • O pequeno señor Paul, Martin Baltscheit, «Xerais Xuvenil ilustrada», alemán, novela. Tradución de Patricia Buján Otero.
  • Poderosa. Diario dunha rapaza que tiña o mundo na man, Sèrgio Klein, «Fóra de Xogo», portugués. novela. Tradución de Mercedes Pacheco Vázquez.
  • A porta de Mayo, Gonzalo Moure e Tina Blanco, «Xerais Narrativa», español, novela. Tradución de Jaureguizar.
  • Se comes un limón sen facer xestos, Sèrgi Pamies, «Xerais Narrativa», catalán, relatos. Tradución de Antón Dobao.
  • Mil cretinos, Quim Monzó, «Xerais Narrativa», catalán, relatos. Tradución Helena González.
  • Mal de escola, Daniel Pennac, «Xerais Narrativa», francés, ensaio. Tradución de Xavier Senín Fernández e Isabel Soto López.
  • No labirinto do vento, Marina Colasanti, «Xerais Infantil e Xuvenil ilustrada», relatos, portugúes. Tradución de Mercedes Pacheco Vázquez. Edición: novembro 2008.
  • A clase (Entre les murs), F. Begaudeau, «Xerais Narrativa», novela, francés. Tradución de Xavier Senín Fernández e Isabel Soto López. Edición: decembro 2008. A novela inspirou a película A clase de Laurent Cantet, Premio de Ouro de Cannes e candidata francesa aos Óscar 2009.
  • O meu cole, Jordi Sierra i Fabra, «O meu mundo», conto ilustrado, catalán. Edición: outubro 2008.
  • Katiuscas amarelas, Xabier Mendiguren, «O meu mundo», conto ilustrado, euskera Edición: outubro 2008.
  • ¡Que paisaxe!, Teresa Durán, «O meu mundo», conto ilustrado, catalán. Edición: outubro 2008.
  • A granxa de Simón, Enric Lluch, «O meu mundo», conto ilustrado, catalán. Edición: outubro 2008.
  • Pepe e o seu hámster, Teresa Soler, «O meu mundo», conto ilustrado, catalán. Edición: outubro 2008.
  • Munia dorme baixo a cama, Juan Cruz Igerabide, «O meu mundo», conto ilustrado, euskera. Edición: outubro 2008.
  • Dame a man, Seve Calleja, «O meu mundo», conto ilustrado, castelán. Edición: outubro 2008.
  • O álbum de Jumbo, Care Santos, «O meu mundo», conto ilustrado, catalán. Edición: outubro 2008.
  • Vítor ponse a remollo, Pasqual Alapont, «O meu mundo», conto ilustrado, catalán. Edición: outubro 2008.
  • Iván, o cabaleiro valente, Carmen Gil, «O meu mundo», conto ilustrado, español. Edición: outubro 2008.

Este ano 2008, foi, ademais, particularmente vizoso no número de traducións de textos literarios publicados, orixinalmente en galego, por Xerais a outras linguas. Sinalamos os seguintes:

Etiquetas: ,

2 Respostas to “Traducións de Xerais 2008”

  1. Le Clézio, Premio Nobel de Literatura 2008 « Xerais blog Says:

    […] Mondo e outras historias, o seu, ata agora, único título en galego. En 1989 a tradución de Valentín Arias e Raquel Villanueva obtivo o Premio Ramón Cabanillas e o Premio Nacional á mellor tradución. […]

  2. «Le Clézio na casa», artigo de X.L. Méndez Ferrín « Xerais blog Says:

    […] de Faro de Vigo recorda como se xestou na editorial en 1987 a tradución de Raquel Villanueva e Valentín Arias e edición en Xabarín de Mondo e outras historias de J. M. Le Clézio, o premio Nobel de […]

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s


A %d blogueros les gusta esto: