A dirección e o cadro de persoal de Xerais expresa o seu máis profundo pesar polo falecemento de Xesús R. Jares, autor e colaborador da editorial dende hai dúas décadas. Xesús R. Jares foi Catedrático de Didáctica e Organización Escolar na Universidade da Coruña, cátedra que obtivo co perfil «Modelos de Educación para a Paz e o Desenvolvemento». Desde 1983 coordinou o colectivo Educadores pola Paz de Nova Escola Galega. Foi presidente da Asociación Española de Investigación para a Paz (AIPAZ) e presidiu ata o seu falecemento a Asociación Galego-Portuguesa de Educación para a Paz (AGAPPAZ). Deseñou e coordinou o proxecto multidisciplinar e solidario «Construír a paz. Cultura para a paz nos anos 1995-1997». Tamén foi o deseñador e coordinador do Programa educativo municipal «Aprender a convivir» do Concello de Vigo nos anos 2000-2003. En Edicións Xerais de Galicia publicou: Construír a paz. Cultura para a paz (Cdor., 1996), Educación e dereitos humanos. Estratexias didácticas e organizativas (1998), Aprender a convivir (2001, 3ª edición en 2006), Técnicas e Xogos cooperativos para todas as idades (2005), Educación e paz I. 25 anos de Educadores pola paz (Xerais 2008) e Educación e paz II. Presente e futuro da construción da paz (Xerais 2008). O vindeiro 10 de decembro, coincidindo co Día dos Dereitos Humanos, será presentado no Auditorio do Centro Cultural Caixanova de Vigo o terceiro volume da triloxía «Educación e paz» Educación e paz III. Literatura e paz (Xerais 2008), libro colectivo coordinado por Jares no que participan corenta escritores e escritoras galegos. A súa importante obra ensaística vencellada á educación para a paz está traducida ao castelán e o portugués. O domingo 28 de setembro, ás 20:00 horas celebrarase en Vigomemorial un acto cívico na súa memoria.
Setembro 28, 2008 ás 5:54 pm |
Entereime hoxe á mañá do seu falecemento e dende logo causoume un enorme dolor. Á súa dona, filla e demaís familia o meu sentido pesar. O seu pensamento estará sempre conosco; a súa maneira de vela vida e a sociedade deixara unha profunda pegada. Ánimo ós que con Suso traballaron nesta xeira.
Setembro 28, 2008 ás 7:54 pm |
Día de luto para los educadores para la Paz. Con Suso siempre
Estamos de luto con la partida de Xesus Jares, Suso, fue un incansable defensor de la educación para la paz, la practicaba todos los días. Supo hacer puentes y construir redes de amigos, aliados y educadores.
A Paz, su esposa y compañera de vida, Sira su hija, hermano, familia, asi como a los amigos de la editorial Xerais y compañeros de lucha, de aula y de trabajo les enviamos de México nuestro afecto y un abrazo fraterno. Nos unimos al dolor con tristeza profunda. Su trabajo continua, su pensamiento también y sobre todo sus enseñanzas
Gloria Ramirez y miembros de la Cátedra UNESCO de Derechos Humanos de la UNAM y la Red de Profesores e Investigadores de Derechos Humanos de México.
Outubro 2, 2008 ás 1:23 pm |
Compartí gratos momentos con Xuso por los años ochenta en el seno de la Asoción Pro Derechos Humanos de España. Éramos jóvenes, idealistas y militantes de un movimiento reciente de educadores para la paz en un país que aprendía a construir la democracia. Más tarde tuve la oportunidad de compartir con Jares la fundación de la Asociación Española de Investigadores para la Paz. Ahora, recuperado del golpe tremendo de su muerte, recuerdo los instantes más significativos de una amistad y de un cariño fraternal. Los miembros de la Asociación Mundial por la Escuela Instrumento de Paz te recordarán siempre y desde aquí quieren expresar a Paz, su esposa y a Sira, su hija, así como a toda su familia nuestro afecto más sincero.
Cuando conocí su fallecimiento escribí en mi blog el siguiente poema.
Huele a tu mar, en mi tarde de otoño,
en mi sur de alas poderosas.
Y hacia tu mar, hacia tu luz disipada
camino a solas.
Acaso un día,
sin acertar siquiera el tacto de tu voz,
mis pasos se encuentren con tus pasos,
en cualquier orilla
de cualquier mar del mundo.
Cercano estás, gozosamente,
desde ayer hasta cada mañana,
en el libre vuelo de las aves.
Outubro 15, 2008 ás 1:17 pm |
Eu fun unha desas alumnas do colexio público García Barbón de Vigo(1983 )que tiven a gran sorte e o enorme privilexio de ter a Suso como profe de ciencias naturais, desto sempre fun consciente,pero agora cos anos e sendo eu tamén profe de bioloxía doume conta se cabe do traballo silencioso pero poderoso de Suso, con el sementamos un horto escolare fixemos moitas actividades novedosas para nós nas aulas ,pero está claro que deixou unha forte pegada en todos aqueles rapaces,as miñas irmas tamén foron alumnas suas e isto témolo falado moitas veces,dalgún xeito parte do que eu son e da forma que teño de estar e compartir o mundo ten que ver con Suso, a forma coa que me relaciono cos meus alumnos/as e como tento educar os meus fillos levan parte da sua impronta.
Novembro 3, 2008 ás 9:35 pm |
A desaparición de Suso Jares, como unha pedra que cae nun estanque, suscita unha onda de pesar e de agradecemento pola súa obra.
É unha grande perda para a universidade —en especial, para a da Coruña, onde era catedrático— que se ve privada do seu maxisterio. Mais fica a súa palabra inconfundíbel.
O seu traballo constitúe unha referencia bibliográfica internacional indispensábel: Suso é unha estrela da galaxia Gutenberg. Grazas aos seus escritos, froito da experiencia, a reflexión, o estudo e a práctica, a paz é máis factíbel, como unha tarefa común, a realizar desde a aula á rúa e viceversa, coas cores de nós e na esteira da tradición crítica e emancipatoria.
No ceo de Vigo, brilla unha estrela inconfundíbel, coa súa luz branca, azul e vermella, que vemos desde todas as partes da terra.
Luís G. Soto, Fac. Filosofía, Universidade de Santiago de Compostela.